Este martes, dentro do Programa Coñece a túa Provincia, convocado pola Deputación de Lugo, realizamos a vaixe para facer a ruta a SOBER, que foi a que lle correspondeu ao IESCHA nesta ocasión. Aquí queda unha mostra fotográfica da viaxe:
Na tarde noite deste venres, 2 de xuño, o Iescha organizou, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección de “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASAIO” DE MIGUEL RIAÑO ROA, quen, a través de testemuñas conmovedoras e de imaxes cautivadoras, foinos revelando como os guerrilleiros antifranquistas se moveron por esta zona, agochándose en “chozos” e enfrontándose a infinidade de desafíos e perigos na súa loita pola libertade. Unha vez rematada a proxección do documental, o seu director, Miguel Riaño, tras ser presentado por Sabela Figueira, vicepresidenta do Iescha, participou nun interesante coloquio coa intervención de varios asistentes e recibindo un merecido aplauso final polo seu magnífico traballo. Nós, dende o Iescha, unímonos a ese aplauso e agradecémoslle sinceramente a súa presencia no acto Moitas grazas tamén…
Onte, sábado 27 de maio, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, programou a proxección da película MATRIA, de Álvaro Gago, unha vibrante, frenética e intensa longametraxe (a curta documental co mesmo nome e do mesmo director xa foi proxectada polo Iescha hai un tempo) onde destaca, entre outros moitos aspectos (un gran guion, unha vibrante e dinámica posta en escea, a denuncia social...), a magnífica interpretación de súa protagonista, MARÍA VÁZQUEZ, no papel de Ramona, coa que tivemos o pracer de conversar antes e, sobre todo, despois da proxección, circunstancia que o numeroso público asistente valorou moi positivamente ao ter a oportunidade de interactuar coa artista á que acababa de ver realizar unha magnífica interpretación e coñecer máis sobre os…
Bernardo xa ten a súa praza no barrio no que durante varios anos estivo ao fronte da parroquia levando a cabo a labor pastoral, preocupándose polos máis necesitados e participando ademais activamente na vida sociocultural da cidade. Nun sinxelo, merecido e emotivo acto, ao que asistiu unha numerosa representación do Iescha, poidemos constatar o moito e ben que ese legado de Bernardo, un dos bos e xenerosos do bardo Pondal, perdura na memoria de toda aquela xente que conviviu con el nesa parroquia de Ferrol Vello, onde, a partir de agora, unha das súas prazas levará o seu nome. Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible! Parabéns, páter! https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/plaza-espartero-recuerda-desde-ayer-curina-do-muelle-bernardo-garcia-cendan-4237683 https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/reportaxe-bernardo-garcia-cendan-cura-do-muelle-4237029
Reportaxe fotográfica dos dous últimos actos do IESCHA: presentación do libro, coeditado pola Fundación Galiza Sempre e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. (a segunda metade do século XIV) – TOMO I A relevancia do Reino Galego Medieval”, do que é autor FRANCISCO RODRÍGUEZ, e a proxección do documental A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?, dirixido por MARISÉ FERNÁNDEZ e XOSÉ BOCIXA, que incluía unha CHARLA-COLOQUIO na que participaron MARISÉ FERNÁNDEZ, traballadora social, e XOSÉ ANXO CARREIRA MONTES, arquitecto e profesor da UDC. Presentou os dous actos, MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. PRESENTACIÓN DO LIBRO DE PACO RODRÍGUEZ PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "A VIVENDA, UN BEN SOCIAL"
TODAS AS FOTOS CORRESPONDENTES AO ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?” LEVADO A CABO O DÍA 11 DE XUÑO DE 2022, ORGANIZADO POLO IESCHA, COA COLABORACIÓN DE EDUARDO RAMIL, DIRECTOR DO MUPAV.
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.
Máis información