RESEÑA DA PALESTRA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”. ACTO DO IESCHA NO MES DE ROSALÍA. VENRES 20 DE FEBREIRO DE 2026. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
A Sala do Auditorio Municipal de Vilalba acolleu este venres 20 de febreiro a palestra de Francisco Rodríguez “Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe”, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba, dentro dos actos do Mes de Rosalía. O acto converteuse nunha viaxe pola vida, a obra e a dimensión histórica dunha autora que, como quedou claro ao longo da intervención, segue plenamente vixente. A presentación correu a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, quen puxo en valor o privilexio de contar con persoas tan implicadas e recoñecidas arredor desta exposición, que poderá visitarse ata o día 27 e que merece moito a pena. Destacou o traballo colectivo que hai detrás: os debuxos de…









