O IESCHA NO MES DE ROSALÍA. CONFERENCIA DE MARTIN PAWLEY “O CEO DE ROSALÍA”. VENRES 28-FEB-25, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
Culminando a programación prevista para este mes de febreiro co gallo da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a CONFERENCIA de MARTIN PAWLEY: “O CEO DE ROSALÍA”. A presentación correrá a cargo da presidenta do Iescha, Marisa Barreiro. O acto levarase a cabo o venres 28 de febreiro de 2025, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba O CEO DE ROSALÍA O 17 de decembro de 2019 a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente Rosalía de Castro unha estrela na constelación do Serpentario grazas a unha campaña promovida pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e apoiada pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Fundación Rosalía de Castro. Pasaron, pois, cinco anos dende que a nosa autora nacional ten un cuarto…









