QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. CONFERENCIA DE PILAR GARCÍA NEGRO: “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”. VENRES 16-02-2024, ÁS 20:00 H. CASA DA CULTURA DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos, dentro dos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza o venres 16 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a CONFERENCIA “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”, que será impartida por PILAR GARCÍA NEGRO, profesora honoraria da USC e escritora, contando tamén coa presentación de MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega. Traxectoria profesional Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991. Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira…









