VIDEO-RESUME DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA INSCRICIÓN NUNHA LOUSA DA PRAZA EN HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO

VIDEO-RESUME DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA INSCRICIÓN NUNHA LOUSA DA PRAZA EN HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO

2022, Homenaxes, RESEÑA, Vídeos
Non podía escollerse un mellor acto por parte do IESCHA para rematar este ano 2022: unha merecida homenaxe a Bernardo García Cendán cando se cumplen dez anos do seu pasamento, inaugurando unha incrición nunha das lousas da praza da Igrexa, esa praza que tantas veces el percorreu. E parece como se o tempo fixese unha paréntese entre tanta choiva e nos agasallara cunha fermosa mañá (algo ventosa) para lembrar ao noso benquerido Bernardo. Porque diso se trataba: recordar, loubar, añorar, por en valor … ao intelectual, ao escritor, ao crego, ao compañeiro… ao amigo. E a fe que se conseguiu. Coa presenza de familiares e xente amiga; coa colaboración de Icía Cortiñas e Sara Puentes, interpretando dúas fermosas pezas á guitarra e á frauta; co recitado de máis de catorce…
Ler máis
HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO-SÁBADO 31 DE DECEMBRO DE 2022, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA

HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO-SÁBADO 31 DE DECEMBRO DE 2022, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA

2022, Actividades, Homenaxes
O sábado 31 de decembro de 2022, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) levará a cabo a inauguración da inscrición conmemorativa nunha das lousas da praza (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”) cando se cumplen dez anos do pasamento do benquerido BERNARDO GARCÍA CENDÁN. O acto terá tamén un apartado poético (no que poderán participar todas as persoas que o desexen) co recitado de poemas do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán dúas alumnas do Conservatorio vilalbés: Icía Saavedra Cortiñas, coa guitarra, e Sara Puentes Antas, coa frauta.    
Ler máis
ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO COHÁN CABANA-CONCERTO DE CRIS ROMÁN

ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO COHÁN CABANA-CONCERTO DE CRIS ROMÁN

2022, Homenaxes, Vídeos
Segunda xornada dos actos da Cultura Chairega programados polo IESCHA en homenaxe a Manuel María no XVIII Cabodano. Foi o desta noite un acto moi especial, emotivo e cargado de sensibilidade e agarimo. Unha perfecta simbiose que tivo como principais protagonistas a dous grandes da nosa cultura: Manuel María e Darío Xohán Cabana… E a maiores... o concerto, claro. Cris Román, acompañada do seu grupo, soubo conquistar perfectamente aos asistentes coa súa fermosa e cautivadora voz, compoñendo expresamente para este acto unha canción con letra dun dos poemas de Darío. Parabéns, Cris!!! E unha mención moi agarimosa para todos os compoñentes da familia de Darío presentes no acto, e de xeito especial, para a súa neta, a súa dona e a súa filla, quen, en representación de todos eles, pronunciou…
Ler máis
CULTURA CHAIREGA-HOMENAXE A MANUEL MARÍA: OFRENDA (8)-SOCIO DE HONRA DARÍO X. CABANA-CRIS ROMÁN (9)

CULTURA CHAIREGA-HOMENAXE A MANUEL MARÍA: OFRENDA (8)-SOCIO DE HONRA DARÍO X. CABANA-CRIS ROMÁN (9)

2022, Actividades, Concertos, Homenaxes
Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA, en homenaxe MANUEL MARÍA, coincidindo co seu XVIII CABODANO. PROGRAMA XOVES 8 DE SETEMBRO – ÁS 20:00 HORAS – NO ESPAZO MANUEL MARÍA Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego.  Entrada libre e gratuíta. VENRES 9 DE SETEMBRO – ÁS 20:30 HORAS – NO AUDITORIO MUNICIPAL Terá lugar en primeiro lugar: O ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO XOHÁN CABANA Darío Xohán Cabana foi nomeado SOCIO DE HONRA DO IESCHA,…
Ler máis
MURAL DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO OBRA DO ARTISTA PABLO LAGE “VAN KRAFT”

MURAL DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO OBRA DO ARTISTA PABLO LAGE “VAN KRAFT”

2022, Actividades, Homenaxes, Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo foron da man na creación dun mural dedicado a gran poetisa galega Rosalía de Castro nunha das paredes do edificio da rúa Conde Pallares que linda co acceso ao Parador. O autor desta espectacular obra foi o artista vilalbés Pablo Lage “Van Kraft”. Os nosos parabéns!!! Xa a principios deste mesmo ano, e a partires dunha proposta do IESCHA, levouse a cabo a inauguración do Parque que leva o nome de Rosalía de Castro onde se colocou tamén un monolito na súa lembranza, obra do canteiro José Gómez de Bernardo Pepón. https://youtu.be/4zR9cn7tpWU
Ler máis

COLOCACIÓN DO MONÓLITO EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

2022, Actividades, Homenaxes
O sábado, día 12 de febreiro de 2022, ás 13 horas, tivo lugar o acto de inauguración do Parque Rosalía De Castro, nome aprobado polo Concello de Vilalba atendendo unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos. No referido acto, levarase a cabo a colocación dun monólito en homanaxe a Rosalía, obra do canteiro José Gómez de Bernardo "Pepón", e que foi doado polo Iescha ao pobo de Vilalba.
Ler máis