
ACTO DO IESCHA: MESA REDONDA “VILALBA SOCIAL”-VENRES 17 DE MARZO DE 2023, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA(VIDEO-RESUME)
A mesa redonda que organizou o IESCHA na noite deste venres e na que participaron representantes de catro entidades vilalbesas do ámbito SOCIAL: Fundación Hospital Asilo, Centro Sociocomunitario, Centro Ocupacional e Servizo de Axuda no Fogar-SAF, foi sen dúbida un acto completísimo que superou sobradamente as expectativas iniciais. Carlos López Eimil, José Antonio Pita Paz, Juan Rico Andión e Marta Rouco Seoane, representantes respectivos das catro entidades antes citadas, e presentados por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, foron expoñendo de xeito pormenorizado as distintas características e as variadas funcións propias de cada institución. A aportación de datos, as precisas descricións dos diferentes servizos ou a sensibilidade mostrada polos participantes durante as súas intervencións foron algunhas das características destacadas do acto, onde cada representante quixo poñer en valor, tamén, o carácter…