O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, O CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA CONVOCAN O X PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE. PRAZO DO 23/04 AO 12/07/2026
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, O CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA convocan o X Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, de acordo ás seguintes BASES Primeira. Poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade… Segunda. Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.000 euros. Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables segundo a lexislación vixente. Terceira. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, que se reserva os dereitos de edición da obra premiada nos 1.500 primeiros exemplares. Entregaránselle ao/á gañador/a 30 exemplares. Cuarta. A obra terá unha extensión libre e…









