PRESENTACIÓN DO LIBRO “CEREIXAS ROUBADAS” DO COLECTIVO “COMADRES DAS LETRAS”. 23/05/25-20:00-CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “CEREIXAS ROUBADAS” DO COLECTIVO “COMADRES DAS LETRAS”. 23/05/25-20:00-CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Presentacións libros
O IESCHA organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba e da Editora Alvarellos, a presentación do libro “CEREIXAS ROUBADAS”, do Colectivo COMADRES DAS LETRAS, con limiar de Marga do Val. O acto terá lugar o vindeiro venres 23 de maio de 2025, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, e contará coa presenza de escritoras do Colectivo Comadres das Letras. Presentará o evento Sabela Figueira, vicepresidenta do Iescha. Cereixas roubadas As Comadres das Letras regresan cunha nova e suxestiva proposta literaria. O colectivo de escrita feminista rende homenaxe a Luísa Villalta. Trece voces asinan as súas creacións nuns textos que transitan do verso á prosa, da peza dramática ao caligrama. Comadres das Letras é un colectivo feminista de escritoras nacido en 2022 en Santiago de Compostela, impulsado por…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA”, DE CARLOS CALLÓN. 29/04/2025, ÁS 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA”, DE CARLOS CALLÓN. 29/04/2025, ÁS 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a PRESENTACIÓN do libro “Vidas e historias LGBT da Idade Media”, de CARLOS CALLÓN, publicado por Edicións Xerais. Intervirán no acto: Carlos Callón e Marisa Barreiro. A presentación levarase a cabo o martes 29 de abril de 2025, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. Vidas e historias LGBT da Idade Media Sinopse: Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Península (entre Pedro Díaz e Munio Vandílaz,…
Ler máis
NOVA DATA DA PRESENTACIÓN DE “VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA”, DE CARLOS CALLÓN. MARTES 29/04/25, 20:00H, CASA DA CULTURA

NOVA DATA DA PRESENTACIÓN DE “VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA”, DE CARLOS CALLÓN. MARTES 29/04/25, 20:00H, CASA DA CULTURA

2025, Actividades, Presentacións libros
O acto de presentación do libro de Carlos Callón: “Vidas e historias LGBT da Idade Media” que o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, tiña previsto organizar para o mañá martes 25 de marzo, QUEDA ADIADO, e levarase a cabo, finalmente, o MARTES 29 DE ABRIL DE 2025, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.Intervirán no acto: Carlos Callón e Marisa Barreiro. Vidas e historias LGBT da Idade MediaSinopse: Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “OS MADRILEÑOS NON SEMPRE VEÑEN EN AGOSTO”, DE FRANCISCO GARCÍA NOVIO. VENRES 21/03, 20H, CASA DA CULTURA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “OS MADRILEÑOS NON SEMPRE VEÑEN EN AGOSTO”, DE FRANCISCO GARCÍA NOVIO. VENRES 21/03, 20H, CASA DA CULTURA

2025, Actividades, Presentacións libros
 O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a PRESENTACIÓN do libro “OS MADRILEÑOS NON SEMPRE VEÑEN EN AGOSTO”, de FRANCISCO GARCÍA NOVIO, publicado por Medulia editorial. Intervirán no acto: Francisco García Novio, Marisa Barreiro Mejuto e Manuel Castro Santamariña. A presentación levarase a cabo o venres 21 de marzo de 2025, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba Os madrileños non sempre velen en agosto Resumo: Sabela, unha moza que vive en Madrid e que vén dunha ruptura matrimonial, decide, para curar as súas feridas, retornar á súa aldea natal a mediados do mes de maio -cando o habitual é que os madrileños volvan en agosto- e o feito produce estrañeza na veciñanza. Nada máis chegar, aínda entre bágoas e suspiros, soubo que Antón…
Ler máis
PRESENTACIÓN “RECOÑECER, ACTUAR E RESTAURAR. MANUAL BÁSICO PARA AFRONTAR AS VIOLENCIAS MACHISTAS”, CON CARME ADÁN. 15/03 C.CULTURA

PRESENTACIÓN “RECOÑECER, ACTUAR E RESTAURAR. MANUAL BÁSICO PARA AFRONTAR AS VIOLENCIAS MACHISTAS”, CON CARME ADÁN. 15/03 C.CULTURA

2025, Actividades, Presentacións libros
O sábado 15 de marzo de 2025 ás 12:30 horas na Casa   da   Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello da Cultura Galega e do Concello de Vilalba, organiza a presentación de “Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas”, que correrá a cargo de CARME ADÁN, Doutora en Filosofía e ensaÍsta. Directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) e coordinadora do equipo que elaborou o manual. Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.  “Preséntase este manual para afrontar as violencias machistas. Ante a dificultade de recompilar toda a información posible sobre a violencia de xénero e a violencia sexual,  así como os recursos e os programas existentes, optouse por elaborar un texto o máis áxil posible, dividido…
Ler máis
ACTO DO IESCHA. PRESENTACIÓN DO LIBRO “PASPARTUE” DE ALEX PERNAS. PRESENTA MARISA BARREIRO. VENRES 7 DE FEBREIRO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

ACTO DO IESCHA. PRESENTACIÓN DO LIBRO “PASPARTUE” DE ALEX PERNAS. PRESENTA MARISA BARREIRO. VENRES 7 DE FEBREIRO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Presentacións libros
O venres 7 de febreiro de 2025 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro Paspartue, do coruñés Alex Pernas. Intervirán o propio autor, Alex Pernas, e Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.   SINOPSE DE “PASPARTUE” “A primeira vez que naceu fíxoo nun primeiro de xaneiro. Ás cero horas, cero minutos, e cero segundos, viu por primeira vez a luz o primeiro dos Paspartues. O primeiro dunha estirpe maldita, escrava dun lúgubre destino. Esta é a historia dunha obsesión, dunha fixación enfermiza por outra alma, por outro ser ao que perseguirá ao longo dos anos e das vidas. Un relato atroz no que o renacer está inevitablemente ligado á repetición, e no que os propios…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “SPEECHWRITER”, DE PAULO NASEIRO. XOVES 30 DE XANEIRO, ÁS 20:00H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SPEECHWRITER”, DE PAULO NASEIRO. XOVES 30 DE XANEIRO, ÁS 20:00H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro “SPEECHWRITER”, de PAULO NASEIRO, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o xoves 30 de xaneiro de 2025, ás 20:00 horas, e contará coas intervencións de Paulo Naseiro, Marisa Barreiro e Chema Felpeto. SPEECHWRITER: Autor: PAULO NASEIRO.  Editorial: BOD - BOOKS ON DEMAND.  ISBN: 978-84-1092-054-5.  Ano: 2025.   Nº páx.: 164. Ás veces é mellor estar calado. Unha tía miña, que todo o solucionaba con ditos e refráns, dicía algo así como "un é escravo do que di e dono do que cala". Sempre me pareceu un sabio aforismo, e se cadra debería terlle feito caso nalgunhas ocasións, aquelas que, aínda que raras, contribuíron a dar bruscos cambios de sentido á…
Ler máis
EXPOSICIÓN E PRESENTACIÓN DE “O ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS]”, DE XULIO PARDO DE NEYRA. CON MARICA CAMPO, LUZ AIRADO E MARISA BARREIRO. 22/NOV, 20:00, SALA DO AUDITORIO

EXPOSICIÓN E PRESENTACIÓN DE “O ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS]”, DE XULIO PARDO DE NEYRA. CON MARICA CAMPO, LUZ AIRADO E MARISA BARREIRO. 22/NOV, 20:00, SALA DO AUDITORIO

2024, Actividades, Exposicións, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa  Área de Cultura-Vicepresidenca da Deputación de Lugo, organiza o acto de inauguración da Exposición e da presentación do ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS], de XULIO PARDO DE NEYRA: Unha colección de postais conformadas a xeito de colaxe con poemas e fotos antigas. Intervirán tamén MARICA CAMPO E LUZ AIRADO. Contará tamén coa actuación musical de XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ. Presenta MARISA BARREIRO. Esta acto terá lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba o venres 22 de novembro de 2024, ás 20:00 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 8 de xaneiro de 2025. XULIO PARDO DE NEYRA Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela  e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO FOTO-LIBRO “LUMES” DE ADRA PALLÓN. VENRES 6-09-2024. SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA (FOTOS E VIDEO RESUME )

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO FOTO-LIBRO “LUMES” DE ADRA PALLÓN. VENRES 6-09-2024. SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA (FOTOS E VIDEO RESUME )

2024, FOTOS, Presentacións libros, RESEÑA, Vídeos
TODO COMEZOU NA COCIÑA DA AVOA… A presentación do foto-libro "Lumes", do fotógrafo lucense Adra Pallón, levada a cabo na noite deste venres 6 de setembro, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal, organizada polo Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba,  deixou unha profunda pegada nos asistentes, grazas á sensibilidade e á paixón que Adra Pallón demosytrou  ao longo da súa intervención.  Para comezar, Marisa Barreiro, presidenta do Iescha abriu o evento presentando ao autor e situando ao público no contexto da obra: un conxunto de fermosas fotografías que se complementan coas palabras de Ana Cabana nun pequeno libro anexo, engadindo unha nova dimensión ao traballo fotográfico. Salientou tamén o carácter sociolóxico do libro, que aborda diversas problemáticas sociais, creando espazos de reflexión sobre temas ambientais e sociais a través dunha…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO FOTO-LIBRO “LUMES”, DE ADRA PALLÓN. VENRES 6-09-24, ÁS 20:00 H., NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO FOTO-LIBRO “LUMES”, DE ADRA PALLÓN. VENRES 6-09-24, ÁS 20:00 H., NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2024, Actividades, Presentacións libros
O venres 6 de setembro de 2024, ás 20:00 horas, na SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, nun acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, terá lugar a presentación do FOTO-LIBRO “LUMES”, do fotógrafo lucense ADRA PALLÓN. LumesAdra PallónO libro conta desde o máis profundo a historia dun mundo en extinción: o territorio rural galego dos nosos días. Adra Pallón (Lugo, 1992) é un fotógrafo documental que, a través de proxectos de longa duración nos que utiliza a fotografía e a multimedia, trata de explicar os problemas sociais que están presentes na comarca ou grupo social co que se integra ou do que é. unha parte. O obxectivo de toda a súa produción fotográfica é documentar a realidade inmediata, aquela na que está inmerso e na que pode comprender plenamente os…
Ler máis