A GRUTA DA TORRE, de LOIS PÉREZ Na tarde-noite deste venres 16 de setembro, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar o acto de presentación do libro de LOIS PÉREZ, “A GRUTA DA TORRE, ganador do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Formaron parte da mesa de intervención: Marisa Barreiro, presidenta o IESCHA; Elba Veleiro, alcaldesa do Concello de Vilalba; Manuel Bragado, membro do Xurado; Rosalía Díaz, ilustradora do libro, e Lois Pérez, autor do mesmo. Durante as intervencións o público asistente puido coñecer máis polo miúdo o contido do libro, protagonizado por un grupo de rapaces e rapazas no Ribadeo de 1990. Unha aventura trepidante, onde a amizade, os amores, os libros, as bibliotecas, a igualdade priman por riba de todo. Parabéns…
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o vindeiro venres 16 de setembro de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro “A GRUTA DA TORRE” de LOIS PÉREZ, editado por Edicións Xerais de Galicia, publicación gañadora do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade que convocaron no ano 2021 as tres entidades antes mencionadas. No acto intervirán: o propio autor do libro, Lois Pérez; a ilustradora do libro, Rosalía Díaz; un dos membros do Xurado, Manuel Bragado; a alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Veleiro, e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro. A gruta da torre Lois Pérez (Autor)Rosalía Díaz (Ilustradora) V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE Rematado o curso, Lois viaxa coa súa…
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, coeditado pola Fundación Galiza Sempre e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. (a segunda metade do século XIV) – TOMO I A relevancia do Reino Galego Medieval”, do que é autor FRANCISCO RODRÍGUEZ. O acto terá lugar o xoves, 16 de xuño de 2022, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA – FRANCISCO RODRÍGUEZ.- Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el.…
O venres 18 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de Mª XOSÉ LAMAS “UN CORVO EN CALDALOBA”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba. Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Antón de Guizán, autor do prólogo do libro; Sofía Naseiro, autora das ilustracións e da cuberta do mesmo, e a autora do libro, Mª Xosé Lamas. Esta publicación, editada polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, fai o número 29 da Colección Biblioteca Chairega.Nunha parte do prólogo, o autor do mesmo, ANTÓN DE GUIZÁN, escribe sobre o libro de María Xosé Lamas: “… UN CORVO EN CALDALOBA, ademais de ser unha excelente obra teatral, é un traballo reivindicativo para reclamo…
O sábado 19 de marzo de 2022 é a nova data fixada (despois de terse adiado a do 26 de decembro de 2021) para a presentación na capital chairega do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado no ano 2020 polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura/Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo aos membros da primeira formación despois de corenta anos. Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a…
O vindeiro xoves 10 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de ANTÓN MEILÁN “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo (entidade editora) e o Concello de Vilalba. Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, e o propio autor do libro, Antón Meilán.
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.
Máis información