RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DE “TINTA DE FOL”, DE SABELA OLIVARES, DAVID CUENCE E GRUPO BOROA. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 16-01-2024. (RESUME FOTOGRÁFICO)

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DE “TINTA DE FOL”, DE SABELA OLIVARES, DAVID CUENCE E GRUPO BOROA. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 16-01-2024. (RESUME FOTOGRÁFICO)

2024, FOTOS, RESEÑA
Na noite deste martes, 16 de xaneiro, a Casa da Cultura de Vilalba acolleu a presentación de "Tinta de Fol" (exposición, libro, música e pintura) organizado polo Instituto de Estudos Chairegos. O acto comezou, unha vez máis, coa enérxica condena, manifestada por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, á masacre e ao xenocidio que está a sufrir o pobo palestino en Gaza. Logo, despois de detallar algúns aspectos relacionados coa montaxe do acto, deu paso a Sabela Olivares, compositora e intérprete, para introducirnos na esencia da publicación e da exposición "Tinta de Fol", unha iniciativa xestada polo grupo Boroa, tentando fusionar disciplinas artísticas como a música e a pintura... Un reto que, neste caso, deu lugar ao libro e á exposición: partitura, debuxo, audio... Música e pintura fusionándose brillantemente. Despois, os…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESEN TACIÓN DO LIBRO “1916-1923: O IRMÁN PEÑA NOVO”, DE ALBERTE CURRÁS GATO. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 28-12-23. (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

RESEÑA DO ACTO DE PRESEN TACIÓN DO LIBRO “1916-1923: O IRMÁN PEÑA NOVO”, DE ALBERTE CURRÁS GATO. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 28-12-23. (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

2023, FOTOS, RESEÑA
Na noite deste xoves, o Iescha organizou o acto de presentación do libro “1916-1923: O IRMÁN PEÑA NOVO”, de Alberte Currás Gato, editado polo Instituto de Estudos Chairegos coa financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia de Deputación de Lugo.  Marisa Berreiro, que presentaba o acto, deu comezo condenando unha vez máis a masacre que está a sufrir a poboación de Gaza, para a continuación dar conta dos diversos actos organizados polo Iecha en torno á figura de Lois Peña Novo, pasando despois á presentación de Alberte Currás Gato, un veciño de Vilalba e autor do libro que se presentaba.  Alberte Currás inicio a súa intervención, agradecendo, en primeiro lugar, ao Iescha a súa excelente acollida para facerse cargo da edición do libro, para a continuación pasar a falar de Lois Peña Novo.…
Ler máis
RESEÑA DA CONFERENCIA DE SABELA OLIVARES SOBRE DOROTHÉ SCHUBART DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS ORGANIZADO POLO IESCHA (GALERÍA DE FOTOS)

RESEÑA DA CONFERENCIA DE SABELA OLIVARES SOBRE DOROTHÉ SCHUBART DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS ORGANIZADO POLO IESCHA (GALERÍA DE FOTOS)

2023, FOTOS, RESEÑA
Este xoves, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello do Vilalba, organizou a última das conferencias previstas para o presente ano 2023 e correspondente ao Ciclo Mulleres Galegas. Foi impartida nesta ocasión por Sabela Olivares baixo o título de O LEGADO DE DOROTHÉ SCHUBARTH NA TRADICIÓN GALEGA. Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, levou a cabo a presentación da conferenciante, Sabela Olivares, non sen antes deixar constancia da máis absoluta repulsa pola guerra de Israel contra o pobo palestino. Sabela Olivares, despois de agradecer as palabras de Marisa, comeza falando de Dorothé Schubarth, a muller suíza que realizou un importantísimo traballo para a música popular galega. Grazas á completa exposición de Sabela poidemos coñecer máis polo miúdo a Dorothé, musicóloga, compositora e docente,…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE ENTREGA DO VI PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ POLA IGUALDADE A PABLO NOGUEIRA POLO SEU LIBRO “RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO”. 2-11-2023. (VIDEO-RESUME).

RESEÑA DO ACTO DE ENTREGA DO VI PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ POLA IGUALDADE A PABLO NOGUEIRA POLO SEU LIBRO “RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO”. 2-11-2023. (VIDEO-RESUME).

2023, FOTOS, RESEÑA
O acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz ao seu gañador Pablo Nogueira no defraudou, nin moito menos. A deste sábado, foi unha noite chea de emocións. O numeroso público asistente puido disfrutar dunha gala entrañable, variada, atractiva e cargada de sensibilidade en todas e cada unha das intervencións e actuacións que se foron sucedendo. Comezando pola sempre completa e profesional condución do acto a cargo de Carmen Hermida (co infatigable traballo da intérprete de linguaxe de signos ao seu carón). Cotinuando coas palabras de benvida a cargo da presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro: a satisfacción de ler, a de soñar esperto coas palabras dos libros, capaces de transportarnos a mundos onde a imaxinación é a protagonista. Con Lambe Lambe: voces, pandeiros e acordeón que acariñaron os nosos…
Ler máis
RESEÑA DA CONFERENCIA DE CRIS FELPETO “A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA OBRA DAS ESCRITORAS GALEGAS”. 24-11-2023 (RESUME FOTOGRÁFICO)

RESEÑA DA CONFERENCIA DE CRIS FELPETO “A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA OBRA DAS ESCRITORAS GALEGAS”. 24-11-2023 (RESUME FOTOGRÁFICO)

2023, FOTOS, RESEÑA
A conferencia que na tarde-noite deste venres nos ofreceu Cris Felpeto, “A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA OBRA DAS ESCRITORAS GALEGAS”, estaba incluída no ciclo Mulleres Galegas que o Iescha impulsou ao longo de 2023, como ben explicou Marisa Barreiro, encargada de facer a presentación da conferenciante, da que salientou o seu extenso e brillante curriculo, non sen antes explicar o gravísimo problema que representa para a nosa sociedade a violencia de xénero, facendo especial fincapé no papel fundamental que todos e todas xogamos na loita contra a mesma. Marisa Barreiro destacou tamén a importancia de recoñecer a realidade deste problema e de rexeitar calquera discurso negacionista que ameace con banalizalo. Neste contexto, a primeira parte da charla de Cris Felpeto resultou ser unha valiosa contribución ao coñecemento de infinidade…
Ler máis
RESEÑA DO COLOQUIO SOBRE JUANA DE VEGA DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS. XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, ANA CABANA IGLESIA E MARTA VEIGA IZAGUIRRE (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO COLOQUIO SOBRE JUANA DE VEGA DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS. XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, ANA CABANA IGLESIA E MARTA VEIGA IZAGUIRRE (VIDEO-RESUME)

2023, Charla-Coloquio, CICLO MULLERES GALEGAS, RESEÑA, Vídeos
Moi interesante o coloquio que sobre a figura de JUANA DE VEGA tivemos a oportunidade de presenciar onte, venres 15 de setembro, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello, dentro do CICLO MULLERES GALEGAS, e no que participaron Xosé Ramón Veiga Alonso, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre.  Marisa Barreiro, presidenta do Iescha foi a encargada de facer a súa presentación e realizar unha primeira aproximación a Juana de Vega, contextualizando a súa época e a súa traxectoria vital. A continuación, Marta Veiga, a través de preguntas, e Xosé Ramón Veiga e Ana Cabana, respondendo a elas, foron esmiuzando a biografía e os aspectos máis destacados da figura de Juana de Vega: a súa orixe; a súa educación; o seu carácter…
Ler máis
RESEÑA DO II DÍA DOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA: MARICA CAMPO, SOCIA DE HONRA DO IESCHA – CONCERTO DE TUNDAL (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO II DÍA DOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA: MARICA CAMPO, SOCIA DE HONRA DO IESCHA – CONCERTO DE TUNDAL (VIDEO-RESUME)

2023, Homenaxes, Manuel Maria, RESEÑA, Vídeos
Sábado, 9 de setembro de 2023, segunda xornada dos actos da Cultura Chairega programados polo IESCHA en homenaxe a Manuel María no XIX Cabodano. Auditorio Municipal de Vilalba. O ambiente, como noutras acasións, cercano, familiar e expectante. Inicio: a voz en off de Marica Campo falando de Manuel María marca a emotividade do evento. A súa proximidade co ilustre poeta queda patente en cada palabra pronunciada, lembrando a un gran amigo e a un grande da cultura galega. A continuación, a intervención de Marisa, presidenta do Iescha, afonda, se cabe con máis firmeza, na necesidade de recoñecer a achega de Manuel María para con Vilalba e a Terra Chá. Con moita emoción, faise eco da demanda do IESCHA para que, dunha vez por todas, o nome de Manuel María quede…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XIX CABODANO. RECITADO E OFRENDA FLORAL AO CARÓN DA SÚA ESCULTURA. VENRES 8 DE SETEMBRO DE 2023 (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO ACTO DE HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XIX CABODANO. RECITADO E OFRENDA FLORAL AO CARÓN DA SÚA ESCULTURA. VENRES 8 DE SETEMBRO DE 2023 (VIDEO-RESUME)

2023, Homenaxes, Manuel Maria, RESEÑA, Vídeos
Na noite deste venres, oito de setembro de 2023, levouse a cabo a primeira das homenaxes a Manuel María, no seu XIX cabodano, dentro dos actos da Cultura Chairega, que organiza o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba e a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Arredor da escultura do poeta da Terra Chá, e tendo como telón de fondo a Casa da Cultura (para a que o Iescha, unha vez máis, solicitou recentemente o nome de Manuel María), os asistentes presenciaron un acto no que se mesturou a arte do verso coa homenaxe sentimental: As palabras iniciais, os versos declamados por varios dos asistentes e as flores colocadas ao remate na escultura, deron forma a unha ofrenda sinxela pero chea da admiración e do cariño das persoas…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA EXPOSICION DE PINTURA DE CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA EXPOSICION DE PINTURA DE CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

2023, Exposicións, RESEÑA, Vídeos
Este venres, 25 de agosto, nas vísperas do comezo das festas de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello, levou a cabo, na Sala do Auditorio Municipal, o acto de inauguración da EXPOSICIÓN DE PINTURA DE CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA que se poderá contemplar ata o 30 de setembro, no horario de apertura do Auditorio.  A mostra está formada por un total de 69 cadros: 35 de Carmen Gómez Mato, estampas tradicionais, paisaxes mariñas, trens de vapor e retratos, e 34 de Manolo Santalla, con paisaxes, estancias, mariñas e bodegóns. Todo o conxunto conforma unha fermosa e colorista exposición con dous estilos de pintar diferentes pero complementarios: tanto Carmen coma Manolo comparten, sen dúbida, a capacidade de realizar as súas obras con pinceladas de cor...…
Ler máis
RESEÑA DA ACTUACIÓN DO GRUPO GALEGO “BOROA”, NO II CONCERTO DE VERÁN, ORGANIZADO POLO IESCHA, COA COLABORACIÓN DO CONCELLO. TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA (18-08-2023)

RESEÑA DA ACTUACIÓN DO GRUPO GALEGO “BOROA”, NO II CONCERTO DE VERÁN, ORGANIZADO POLO IESCHA, COA COLABORACIÓN DO CONCELLO. TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA (18-08-2023)

2023, Concertos, RESEÑA, Vídeos
Noite inesquecible a deste venres 18 de agosto, no Templete da Música de Vilalba. O IESCHA, en colaboración co Concello, programou para esa data o II CONCERTO DE VERÁN, coa actuación do grupo galego BOROA.  Desde o comezo poidemos escoitar toda unha serie de pezas que nos transportaban a distintas partes do mundo: o vals vienés, o cantar de berce, a jiga irlandesa, a musica tradicional do sur e, claro está... as rumbas, as xotas e as muiñeiras da nosa terra que serviron para demostrar a destreza e a paixón de Boroa pola música tradicional.  Con todo, a verdadeira estrela da noite e protagonista indiscutible foi a GAITA, ese “instrumento ancestral de pobres e de ricos”, como a definía Sabela durante a súa magnífica actuación. E a gaita entrelazábase cos fermosos…
Ler máis