PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “SANTOALLA” DE ANDREW BECKER E DANIEL MEHER, PRODUCIDO POR CRISTINA DE LA TORRE. 11-02-2023-AUDITORIO DE VILALBA (VIDEO-RESUME)
Na noite deste sábado, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Iescha programaou a proxección do documental SANTOALLA, que trata da desaparición e do asasinato do neerlandés Martin Verfondern na aldea de Santoalla (Petín) en xaneiro de 2010. O documental, que recibiu numerosos premios, está dirixido polos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer e producido pola galega CRISTINA DE LA TORRE, coa que tivemos a sorte e o placer de poder contar para comentarnos aspectos moi interesantes deste excelente documental e de participar nun animado debate ao remate da proxección. Parabéns, Cristina, por este sensacional traballo, dende o Iescha agradecemos moi sinceramente a túa presenza e participación no acto. Moitas grazas tamén ao público que asistiu á proxección sendo ademais partícipe moi activo no debate posterior. ...E poucos minutos máis tarde,…



