RESEÑA DA PRESENTACIÓN DE “A FRAGA DOS TEIXOS”, DE XOSÉ SALVADORES, CON MARISA BARREIRO E CHEMA FELPETO. 7/11/25. NA CASA DA CULTURA(VID.)

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DE “A FRAGA DOS TEIXOS”, DE XOSÉ SALVADORES, CON MARISA BARREIRO E CHEMA FELPETO. 7/11/25. NA CASA DA CULTURA(VID.)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A presentación do libro “A fraga dos Teixos”, de Xosé Salvadores, levada a cabo na noite deste venres, 7 de novembro, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, comezou cunha proxección audiovisual que nos anticipou a temática da publicación. Unha maneira interesante de abrir boca antes da conversa que viría despois: un diálogo compartido para coñecer detalles e reflexionar sobre a problemática forestal.  Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, foi quen abriu o acto lembrando que se trataba dunha oportunidade para conversar, preguntar, opinar e aprender. Presentou a Xosé Salvadores, enxeñeiro técnico agrícola, profesor de Debuxo, presidente da Fundación Eira, membro de ADEGA e persoa moi comprometida co país e co territorio. Destacou Marisa o valor do teixo como árbore milenaria e resistente, antes abundante…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO “CANTOS DE RAÍZ. DA RAÍZ DO CANTO”, DE “CANTAR DELAS”, CON “LAMBE, LAMBE”. DOMINGO 26/10/25-CASA DA CULTURA-VILALBA

RESEÑA DO CONCERTO “CANTOS DE RAÍZ. DA RAÍZ DO CANTO”, DE “CANTAR DELAS”, CON “LAMBE, LAMBE”. DOMINGO 26/10/25-CASA DA CULTURA-VILALBA

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O pasado domingo 26 de outubro, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto organizado polo Iescha e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, tivemos o pracer de desfrutar do concerto “Cantos de Raíz. Da raíz do canto”, da man do grupo coral lucense ‘‘Cantar Delas’‘, dirixido por Fernando Gómez Jácome, e que nos convidou a viaxar polas raíces da nosa música popular. O repertorio combinou pezas de música popular tradicional —como o Alalá de Triacastela, o Romance da Lavandeira ou o Alalá das Mariñas— con composicións inspiradas no noso patrimonio musical, entre elas Negra Sombra, Lela ou María Soliña, todas elas interpretadas con gran sensibilidade. Baixo o fío condutor da tradición oral, Cantar Delas quixo con este concerto render homenaxe á música popular galega como creación…
Ler máis
RESEÑA DA ENTREGA DO VIII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE A EVA MEJUTO POR “QUECO E KIKA”

RESEÑA DA ENTREGA DO VIII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE A EVA MEJUTO POR “QUECO E KIKA”

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
VIII Premio Agustín Fernández Paz: unha noite para celebrar a palabra, a memoria e a esperanza A gala de entrega do VIII Premio Agustín Fernández Paz á súa gañadora Eva Mejuto levouse a cabo onte sábado 25 de outubro de 2025, no Auditorio Municipal de Vilalba, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.  Celebrouse, unha vez máis, nunha tarde-noite cargada de lembranzas e chea de cultura e compromiso coa lingua e coa literatura galega. Un acto entrañable no que, ademais de recoñecer o talento literario, serviu para reafirmar a importancia de seguir apostando pola creación en galego e pola difusión da nosa cultura entre as novas xeracións. O evento, conducido, coa súa habitual elegancia e profesionalidade, por Carmen Hermida, converteuse nunha viaxe pola…
Ler máis
RESEÑA DA VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971”. LABC. SÁBADO 4-10-2025. O MESÓN-AS AGUIAS-MURAS. (VIDEO-RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971”. LABC. SÁBADO 4-10-2025. O MESÓN-AS AGUIAS-MURAS. (VIDEO-RESUME E FOTOS)

2025, FOTOS, RESEÑA, Varios, Vídeos
Na mañá deste sábado 4 de outubro, xente do IESCHA realizou, por segundo ano consecutivo, unha visita cultural a Muras, nesta ocasión para coñecer a exposición “Vigo-Muras Serigrafía Galega 1971”, organizada polo Legado Activo Beiras Cal (LABC). A actividade tivo lugar no espazo expositivo de O Mesón en As Águias-Muras, e permitiunos coñecer un capítulo fundamental da historia da arte galega contemporánea. A mostra recolle 41 serigrafías procedentes dos talleres da Serigrafía Galega (Sega), fundada en Vigo por Álvaro Álvarez Blázquez, e que viron a luz por primeira vez en 1971. Durante o percorrido, puidemos apreciar o traballo de 19 artistas plásticos de grande relevancia, entre eles nomes tan destacados como Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, María Antonia Dans, Mercedes Ruibal ou Maside. Nesta ocasión, contamos co acompañamento de Bea Beiras…
Ler máis
RESEÑA DA RUTA POR TERRAS DE NOIA, CO ACOMPAÑAMENTO DE ANA ISABEL FILGUEIRAS. DOMINGO 21/09/2025. (VIDEO RESUME)

RESEÑA DA RUTA POR TERRAS DE NOIA, CO ACOMPAÑAMENTO DE ANA ISABEL FILGUEIRAS. DOMINGO 21/09/2025. (VIDEO RESUME)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O pasado domingo 21 de setembro, o Iescha tiña programada a XIII Ruta por Galicia adiante. Saímos ás 9:00 dos arredores da Casa da Cultura de Vilalba rumbo a Noia. Obxectivo: descubrir ou redescrubrir unha vila cargada de historia. Apertas, saúdos, conversas, o ambiente propio das excursións que se viven case como unha pequena festa en comunidade. En Santiago recollimos a Ana Isabel Filgueiras, antropóloga e arqueóloga, que nos guiaría sabiamente polas rúas e espazos da vila histórica. Grazas ás súas explicacións, a Alameda, o Convento de San Francisco ou o Pazo da Quinta Hermosa deixaron de ser só edificios fermosos para converterse en testemuñas vivas da historia da vila. As rúas gremiais, a Ponte Grande ou a Rúa da Peregrina fixéronnos imaxinar a vida doutros tempos, mentres que na…
Ler máis
RECESIÓN DA REPRESENTACIÓN DE “PROFETAS” POLO GRUPO ÍTACA TEATRO. SÁBADO 20-09-2025. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA (VIDEO E FOTOS)

RECESIÓN DA REPRESENTACIÓN DE “PROFETAS” POLO GRUPO ÍTACA TEATRO. SÁBADO 20-09-2025. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA (VIDEO E FOTOS)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Na noite do pasado sábado 20 de setembro, o Auditorio Municipal de Vilalba acolleu a representación da obra Profetas, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos. A posta en escena correu a cargo do grupo lucense Ítaca Teatro e contou co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a coprodución do Centro Dramático Galego da Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Vilalba, a Mostra de Ribadavia, o Concello de Lugo e a Deputación da Coruña. A historia fala dunha parella que xa non está xunta, pero que volve atoparse e, a través do cine e da literatura, repasan o que foron e o que lles quedou por decir, xogando entre realidade e ficción. Cómpre salientar o gran traballo de Carlos Rebolo e Elea López: enerxía, complicidades,…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO DE CRIS ROMÁN. HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XXI CABODANO – AUDITORIO DE VILALBA – 13/09/2025 (VIDEO E FOTOS)

RESEÑA DO CONCERTO DE CRIS ROMÁN. HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XXI CABODANO – AUDITORIO DE VILALBA – 13/09/2025 (VIDEO E FOTOS)

2025, Concertos, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Na noite do sábado 13 de setembro, no Auditorio Municipal de Vilalba tivo lugar o segundo evento englobado nos Actos da Cultura Chairega, en homenaxe a Manuel María no seu XXI cabodano, organizados polo Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio e financiación da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Vilalba.  O evento comezou coa intervención de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, dando a benvida ao público e lembrando que cada ano, por estas datas, a entidade organiza unha dobre homenaxe a Manuel María: a ofrenda floral, con recitado e música a carón da súa escultura, e este concerto. Aproveitou tamén para salientar que o 2025 é un ano especial, pois celébrase o 25 aniversario da fundación do IESCHA, con novo logotipo…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO “LOVISMO” DE A BANDA DA LOBA EN VILALBA – 29/08/2025 – AUDITORIO MUNICIPAL (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DO CONCERTO “LOVISMO” DE A BANDA DA LOBA EN VILALBA – 29/08/2025 – AUDITORIO MUNICIPAL (VIDEO RESUME E FOTOS)

2025, Concertos, RESEÑA, Vídeos
O venres 29 de agosto de 2025, ás 22:00 h, o Auditorio Municipal de Vilalba acolleu un dos actos progrmados polo IESCHA co gallo das Festas de Vilalba: O CONCERTO “LOVISMO” a cargo do grupo A BANDA DA LOBA. Un traballo inspirado no amor nas súas múltiples facetas, que cobra vida no escenario a través dunha mestura de pop, folk, blues, rock e sons tradicionais galegos, e que se converteu no fío condutor dunha noite chea de emocións. Desde o primeiro acorde, a calidade musical do grupo quedou patente: cada tema construído con arranxos coidados e interpretacións vibrantes, alternando momentos de intensidade con outros máis íntimos que fixeron medrar a conexión co público. Foi tamén un concerto moi especial para a banda, que lembrou con agarimo a súa primeira subida…
Ler máis
RESEÑA DA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEDRO CABARCOS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28-08-2025. (VÍDEO RESUME)

RESEÑA DA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEDRO CABARCOS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28-08-2025. (VÍDEO RESUME)

2025, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O pasado venres 28 de agosto, tivo lugar a inauguración da exposición “Retrospectiva” do pintor vilalbés Pedro Cabarcos, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, e que congregou a un público numeroso e entusiasta na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal. Unha inauguración moi especial, na que o artista estivo acompañado por moitas persoas chegadas de diferentes sitios de Galicia: amigas, amigos, ex alumnos e alumnas, así como pola súa familia. A exposición consta de algo máis de 60 cadros, a gran maioría pertencentes a coleccións privadas, realizados en diversas técnicas: lapis, acuarela, acrílico, óleo e pastel. A mostra, centrada principalmente no retrato —gran paixón de Pedro—, ofrece unha viaxe pola traxectoria do artista, cunha orde cronolóxica que, en palabras do propio autor, é tamén…
Ler máis
RESEÑA DA HOMENAXE A MANUEL MARÍA QUE ORGANIZA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COINCIDINDO CO XXI CABODANO DO SEU PASAMENTO. 7/09/25.

RESEÑA DA HOMENAXE A MANUEL MARÍA QUE ORGANIZA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COINCIDINDO CO XXI CABODANO DO SEU PASAMENTO. 7/09/25.

2025, FOTOS, Homenaxes, RESEÑA, Vídeos
Manuel María, o poeta da Terra Chá, ese que fixo da nosa lingua bandeira e da nosa paisaxe poesía, volveu ser centro de lembranza, palabra e emoción compartida. Nin siquera o vento e a choiva que fixeron acto de presenza durante a mañá foron quen de frear o agarimo das persoas que se xuntaron a carón da escultura para honrar a súa memoria no XXI cabodano. Durante o acto, celebrado este domingo 7 de setembro no Espazo Manuel María, foron lidos diversos poemas da súa obra, versos que seguen a resoar tan actuais e necesarios coma no día en que foron escritos. Cada lectura converteuse nunha pequena ofrenda, nun xeito de dicirlle ao poeta que seguimos a camiñar coa súa voz acesa. A música tamén tivo un lugar destacado grazas…
Ler máis