RESEÑA DA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEDRO CABARCOS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28-08-2025. (VÍDEO RESUME)

RESEÑA DA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEDRO CABARCOS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28-08-2025. (VÍDEO RESUME)

2025, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O pasado venres 28 de agosto, tivo lugar a inauguración da exposición “Retrospectiva” do pintor vilalbés Pedro Cabarcos, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, e que congregou a un público numeroso e entusiasta na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal. Unha inauguración moi especial, na que o artista estivo acompañado por moitas persoas chegadas de diferentes sitios de Galicia: amigas, amigos, ex alumnos e alumnas, así como pola súa familia. A exposición consta de algo máis de 60 cadros, a gran maioría pertencentes a coleccións privadas, realizados en diversas técnicas: lapis, acuarela, acrílico, óleo e pastel. A mostra, centrada principalmente no retrato —gran paixón de Pedro—, ofrece unha viaxe pola traxectoria do artista, cunha orde cronolóxica que, en palabras do propio autor, é tamén…
Ler máis
RESEÑA DA HOMENAXE A MANUEL MARÍA QUE ORGANIZA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COINCIDINDO CO XXI CABODANO DO SEU PASAMENTO. 7/09/25.

RESEÑA DA HOMENAXE A MANUEL MARÍA QUE ORGANIZA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COINCIDINDO CO XXI CABODANO DO SEU PASAMENTO. 7/09/25.

2025, FOTOS, Homenaxes, RESEÑA, Vídeos
Manuel María, o poeta da Terra Chá, ese que fixo da nosa lingua bandeira e da nosa paisaxe poesía, volveu ser centro de lembranza, palabra e emoción compartida. Nin siquera o vento e a choiva que fixeron acto de presenza durante a mañá foron quen de frear o agarimo das persoas que se xuntaron a carón da escultura para honrar a súa memoria no XXI cabodano. Durante o acto, celebrado este domingo 7 de setembro no Espazo Manuel María, foron lidos diversos poemas da súa obra, versos que seguen a resoar tan actuais e necesarios coma no día en que foron escritos. Cada lectura converteuse nunha pequena ofrenda, nun xeito de dicirlle ao poeta que seguimos a camiñar coa súa voz acesa. A música tamén tivo un lugar destacado grazas…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE APERTURA DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEPE LAFUENTE. VENRES 1-08-25. CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO RESUME)

RESEÑA DO ACTO DE APERTURA DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEPE LAFUENTE. VENRES 1-08-25. CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO RESUME)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Na tarde-noite de onte, venres 1 de agosto, vivimos un momento moi especial na Casa da Cultura: a inauguración da exposición “Retrospectiva” de Pepe Lafuente. O acto comezou cunhas palabras de benvida por parte da presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro que deu lectura a unha pequena semblanza do pintor, escoitada moi atentamente polas persoas que se achegaron: familiares, amizades, veciñanza… xente que quixo acompañar e arroupar a Lafuente nesta volta á pintura, despois de varios anos de ausencia. A exposición é moito máis ca unha mostra de cadros: é unha viaxe moi íntima e persoal a través da ollada do artista. Lafuente achéganos aos espazos máis sinxelos e próximos da nosa vida —a cociña, o baño, unha xanela, a cidade, o campo— e fainos deternos neles con novos ollos. Cada…
Ler máis
RESEÑA DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO IESCHA NO MARCO DO 2025-ANO CASTELAO. EXPOSICIÓN-PALESTRA-TEATRO. (VIDEO E FOTOS)

RESEÑA DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO IESCHA NO MARCO DO 2025-ANO CASTELAO. EXPOSICIÓN-PALESTRA-TEATRO. (VIDEO E FOTOS)

2025, Conferencias, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Teatro, Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) de Vilalba sumouse neste 2025 á conmemoración do Ano Castelao, coincidindo co 75º aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis sobranceiras do galeguismo e da cultura galega contemporánea. A súa obra e pensamento, comprometidos coas causas da identidade galega, a liberdade e a dignidade do pobo galego, foron o eixo central dun programa de actos que tamén fixo memoria do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia do 28 de xuño de 1936. O programa arrancou o 26 de xuño coa apertura da exposición Sempre en Galiza (1934-1944) na Casa da Cultura de Vilalba. A mostra, promovida e financiada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, a Rede Museística Provincial, a Fundación Castelao e a Cátedra Castelao da…
Ler máis
RESEÑA DA X RUTA CULTURAL POR TERRAS DE RIBADAVIA. DOMIGO 29 DE XUÑO DE 2025. CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN (VIDEO E FOTOS)

RESEÑA DA X RUTA CULTURAL POR TERRAS DE RIBADAVIA. DOMIGO 29 DE XUÑO DE 2025. CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN (VIDEO E FOTOS)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Un día de ruta por terras de Ribadavia Este domingo, 29 de xuño, o IESCHA tiña programada a X RUTA CULTURAL, por terras de Ribadavia, e que resultou cargada de historia, de calor e boa compañía, con moitos e variados lugares visitados. A ruta comezou cunha primeira parada chea de encanto: a Igrexa de Santa María de Beade. Alí, entre pedras antigas e silencio de séculos, comezamos a mergullarnos na historia da igrexa e da zona de Beade, guiados pola sabedoría do noso acompañante de cabeceira... e de luxo: Felipe Senén. Non é fácil atopar quen saiba tanto e o saiba contar tan ben. Con el, cada pedra falaba, cada recuncho tiña vida, e cada dato, por técnico que fose, convertíase nun relato cercano que nos atrapaba. Seguimos logo cara Ribadavia,…
Ler máis
RESEÑA DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA”. VENRES 13/06, CASA DA CULTURA (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA”. VENRES 13/06, CASA DA CULTURA (VIDEO-RESUME)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
“Coa fouciña na man e a historia no corazón” O acto da noite deste venres, 13 de xuño, organizado polo Iescha, coa colaboración do Concello, foi un acto cheo de emoción e lembranza, onde a historia se colleu como se colle a herba: coa fouciña ben suxeita, con precisión e respecto. Así comezou a presentación de Marisa Barreiro, acompañada na mesa por Mari Luz e Antón. Na sala, varios dos protagonistas reais daquelas longas xornadas de traballo en Castela. A sega non era só labor, era identidade. E esa identidade foi o centro da conversa e da pantalla, moi ben complementadas coas detalladas explicacións de Mari Luz, Carlos e Paco: A edición dun libro, a mesa redonda, as viaxes cos segadores e a creación do documental foron algúns dos aspectos…
Ler máis
RESEÑA DO CINEFÓRUM-PROXECCIÓN DE “O AUTOSTOPISTA”, DE IDA LUPINO. CON MARTIN PAWLEY. XOVES 12/06. CASA DA CULTURA (VIDEO-RESUME E FOTOS)

RESEÑA DO CINEFÓRUM-PROXECCIÓN DE “O AUTOSTOPISTA”, DE IDA LUPINO. CON MARTIN PAWLEY. XOVES 12/06. CASA DA CULTURA (VIDEO-RESUME E FOTOS)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Este xoves 12 de xuño, na Casa da Cultura, coa colaboración do Concello de Vilalba, o Iescha organizou a primeira sesión de Cinefórum coa proxección da película de IDA LUPINO, “O AUTOSTOPISTA”, en versión orixinal e con subtítulos en galego. Para falarnos de distintos aspectos da película e da súa directora tivemos a sorte de contar coa presenza de Martin Pawley, colaborador habitual do Iescha, a quen Marisa Barreiro, na súa presentación, agradeceulle profundamente a participación e o coñecemento sobre esta temática. Comentou tamén Marisa que é pretensión do Iescha era a de poder continuar con esta actividade, tan enriquecedora, no futuro. Martín Pawley iniciou a sesión cun percorrido moi interesante pola historia das mulleres directoras de cine. Comentou como, durante os primeiros tempos do cinema mudo, había unha presenza…
Ler máis
RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “A NOITE QUE SE FOI A LUZ”, DE MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA. XOVES 5-06-2025. CASA DA CULTURA DE VILALBA

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “A NOITE QUE SE FOI A LUZ”, DE MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA. XOVES 5-06-2025. CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Un salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba ateigado de xente acolleu, na noite deste xoves 5 de xuño, a presentación dun libro moi especial para o Iescha, organizador do evento, non só polo contido senón tamén polo seu autor: o compañeiro e amigo Manuel Castro Santamariña. A presentadora do acto, Marisa Barreiro, quixo deixar claro dende o principio que non era unha presentación calquera, senón un momento importante para o Iescha, pola implicación persoal e afectiva co autor. Agradeceu a presenza do numeroso público e foi dando paso ás intervencións de Alfonso Blanco e Manuel C. Santamariña cunhas pinceladas das súas biografías misturadas co agarimo e respecto que se lles ten ás persoas que forman parte dunha historia social e cultural compartida. Alfonso Blanco Torrado, segundo en…
Ler máis
RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “COMIDA PARA GATOS”, DE LUZ DARRIBA. CON GERARDO CASTEDO E MARISA BARREIRO (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “COMIDA PARA GATOS”, DE LUZ DARRIBA. CON GERARDO CASTEDO E MARISA BARREIRO (VIDEO-RESUME)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A presentación da última obra da artista multidisciplinar e escritora Luz Darriba “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, organizada polo Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, tivo lugar onte venres 25 de maio, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto emotivo e comprometido, conducido por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, quen comezou dando a benvida e agradecendo a presenza da autora Luz Darriba e de Gerardo Castedo, que a acompañou musicalmente neste acto. Marisa fixo un breve pero sentido retrato da autora, definíndoa como unha muller con maiúsculas, das que loitan o dobre para construír un mundo mellor. Destacou a súa honestidade, seguridade, expresividade e firmeza na defensa da igualdade e contra o machismo, así como o seu compromiso coa nosa lingua e coa denuncia de inxustizas…
Ler máis
RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “CEREIXAS ROUBADAS” DO COLECTIVO COMADRES DAS LETRAS. CASA DA CULTURA DE VILALBA, VENRES 23/05/25.

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “CEREIXAS ROUBADAS” DO COLECTIVO COMADRES DAS LETRAS. CASA DA CULTURA DE VILALBA, VENRES 23/05/25.

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
No marco das celebracións do Mes das Letras Galegas, onte venres 23 de maio, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar a presentación do libro “Cereixas Roubadas”, unha obra colectiva do grupo de escritoras Comadres das Letras. O acto, organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, comezou coa intervención da presentadora Sabela Figueira, vicepresidenta, quen fixo unha enérxica e necesaria mención á tráxica situación que se vive actualmente en Gaza, lamentando a pasividade internacional ante tanta barbarie. A continuación, comentou a finalidade do acto e, tras presentalas, deu paso ás catro integrantes do colectivo que participaron no mesmo: Isabel Cribeiro, Ana Barja, Marisa de Corme e Eva Teixeiro. As autoras compartiron co público o espírito que anima ao colectivo Comadres das Letras, un grupo vivo e en crecemento…
Ler máis