RESEÑA DA VISITA DO IESCHA Á EXPOSICIÓN “A MALLA DE PASCUAL. 1957”, DE ANTÓN BEIRAS, CO VALIOSO ACOMPAÑAMENTO DE CARME VARELA. AS AGUIAS-MURAS, 18-10-24
A visita á exposición fotográfica “A MALLA DE PASCUAL. 1957”, de ANTÓN BEIRAS, que unha representación do Instituto de Estudos Chairegos realizou este venres 18, no lugar de AS AGUIAS-MURAS, foi unha excelente experiencia: A mostra brindounos a posibilidade de viaxar ao pasado e a conectar coas raíces do traballo tradicional, específicamente coas tarefas da malla, tan propias do noso rural. CARME VARELA, unha das organizadoras da exposición, acompañounos en todo momento exercendo de magnífica guía, o seu traballo foi simplemente magnífico, cun relato cheo de sentimento e coñecemento, que fixo que cada fotografía cobrara vida diante dos nosos ollos. Unha das cousas que máis salientou Carme da exposición, con imaxes maxistralmente realizadas por Antón Beiras, foi a dignificación do traballo que se reflicte en cada unha delas. Así, poidemos…









