RESEÑA DO CONCERTO DE CARLOS GÓMEZ OSA “CANTIGAS PARA ANDAR A TERRA CHÁ”. NO 7O ANIVERSARIO DO LIBRO “TERRA CHÁ”, DE MANUEL MARÍA. 16-05-2024. CASA DA CULTURA DE VILALBA (FOTOS E VIDEO)
Este xoves, 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, e a piques de cumplirse 70 anos da 1ª edición do libro “Terra Chá” de Manuel María, tivo lugar un concerto moi especial que quedará gravado na memoria de todos os asistentes. Dende o primeiro momento a emoción, o sentimento e o cariño inundaron a Casa da Cultura de Vilalba, creando un ambiente máxico que envolveu a todos os presentes. Carlos Gómez Osa, foi o verdadeiro protagonista da noite, o gran provocador do acontecemento, o seu actor principal e o triunfador final do mesmo. Con paixón desbordante, as notas da súa guitarra soaban harmónicas ao xunguirse coas verbas dos poemas de Manuel María, fermosamente musicadas por Carlos, e que nos foron transportando pola Terra Chá, a través do río…









