
VISITA DO IESCHA Á EXPOSICIÓN DE ANTÓN BEIRAS “A MALLA DE PASCUAL.1957”, EN AS AGUIAS-MURAS. VENRES 18 DE OUTUBRO DE 2024, ÁS 12:00.
O vindeiro venres 18 de outubro de 2024 o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) ten previsto visitar, no lugar de AS AGUIAS-MURAS, a exposición “A MALLA DE PASCUAL. 1957”, de Antón Beiras, comisariada por Miguel Piñeiro e Carme Varela. A chegada á As Aguias-Muras está prevista para as 12:00. A continuación faremos un percurso pola exposición, a casa do mesón, a aira, o rairo da auga cos píos e o lavadoiro, acompañados por Carme Varela. Nesta ocasión, non hai prazo de inscripción. Todas as persoas que desexen participar na visita acudirán polos seus medios ao punto de inicio, lugar de ÁS AGUIAS-MURAS, ás 12:00 horas. (Hora prevista do remate da visita: 14:00) Exposición en As Aguias: “A malla de Pascual.1957” (en https://muras.gal/exposicion-en-as-aguias-a-malla-de-pascual/”) “A malla na eira da casa dos de Pascual nun día de verán quedou para sempre fixada nestas 35…