O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS ORGANIZA A XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026. SAÍDA ÁS 8:30 DENDE OS ARREDORES DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS ORGANIZA A XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026. SAÍDA ÁS 8:30 DENDE OS ARREDORES DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, Rutas
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2026, organiza a XIV Ruta Por Galicia adiante - Andando as Terras de… VIVEIRO. A saída do autobús realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 8:30 horas do domingo 5 de xullo de 2026. Nesta ocasión, contaremos co  acompañamento de NOELA FEAL, guía oficial de Tirismo e artesá, e xirará en torno ao seguinte  Programa de referencia:  08:30h.- Saída de Vilalba hacia Candaoso (Boimente-Viveiro). 09:50h.- Chegada ao Curro de Candaoso, para presenciar a baixada dos animais que participarán na tradicional RAPA DAS BESTAS DO CURRO DE CANDAOSO. 11:45h.- Saída hacia Viveiro, para facer un percorrido panorámico en autobús por COVAS e CELEIRO.  12:30h.- Percorrido a pé polo casco vello de CELEIRO 13:00h.- Tempo libre por CELEIRO (paseo, praia, peirao vello…
Ler máis
ACTIVIDADE DO IESCHA: XI RUTA CULTURAL PERCORRENDO TERRAS OURENSÁNS DE OTERO PEDRAYO: OSEIRA E TRASALBA, CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. SAÍDA O DOMINGO 21/06/2026, ÁS 9:30 H. INSCRICIÓNS ATA O 17 DE XUÑO

ACTIVIDADE DO IESCHA: XI RUTA CULTURAL PERCORRENDO TERRAS OURENSÁNS DE OTERO PEDRAYO: OSEIRA E TRASALBA, CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. SAÍDA O DOMINGO 21/06/2026, ÁS 9:30 H. INSCRICIÓNS ATA O 17 DE XUÑO

2026, Actividades, Rutas
O IESCHA organiza a XI Ruta Cultural, percorrendo as terras ourensáns de Otero Pedrayo: OSEIRA e TRASALBA, prevista para o domingo 21 de xuño de 2026 e para a que contaremos co acompañamento de FELIPE SENÉN, arqueólogo e escritor.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas.   Pola mañá: Visita ao Mosteiro de Oseira Visita ao Museo Etnográfico Olimpio Liste (Oseira) O xantar será no Restaurante Derby de O Carballiño co seguinte menú: PRIMEIRO: POLBO Á FEIRA E EMPANADA GALEGA SEGUNDO: TERNEIRA ASADA CON GUARNICIÓN  POSTRE CASEIRO. PAN, BEBIDA (AUGA, VIÑO, GASOSA, CAFÉ) Pola tarde O universo de Otero Pedrayo: - A súa Casa-Museo de Trasalba - Os Chaos de Amoeiro - Cea das panadeiras. Rematada a visita, regresaremos a Vilalba. A cuota que haberá que pagar será de 40€ para soci@s e 45€ para non soci@s. No…
Ler máis
X RUTA CULTURAL. ANDANDO AS TERRAS DE RIBADAVIA. CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. DOMINGO 29 DE XUÑO DE 2025. SAÍDA DE VILALBA: 9:00 H. INSCRICIÓNS ATA 25 DE XUÑO.

X RUTA CULTURAL. ANDANDO AS TERRAS DE RIBADAVIA. CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. DOMINGO 29 DE XUÑO DE 2025. SAÍDA DE VILALBA: 9:00 H. INSCRICIÓNS ATA 25 DE XUÑO.

2025, Actividades, Rutas
O IESCHA organiza a X Ruta Cultural polas terras de RIBADAVIA, prevista para o domingo 29 de xuño de 2025. Guiad@s polo historiador da cultura galega, Felipe-Senén, coñeceremos a cidade e arredores de Ribadavia, capital dos cinco ribeiros.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende a Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas.   A continuación, viaxe Vilalba – Ribadavia.  Chegados a Ribadavia, visitaremos pola mañá: Casco Vello, Praza Maior, Antiga Xudería, Castelo dos Condes de Sarmiento, Convento… Sobre ás 14:30, terá lugar o xantar no   Restaurante Evencio, Rúa Carballiño, 50  Ribadavia. Telf. 988 471045                                     O menú será a base de: ENTRANTES AO CENTRO DA MESA: ENSALADILLA RUSA - EMPANADA SEGUNDO (a escoller):  REDONDO DE TERNEIRA CON PATACAS E ENSALADA ou BACALLAU Á GALEGA SOBREMESA: TARTA XEADA BEBIDAS: Viño de mesa, caña, refrescos, auga, café (non entran outras bebidas). Despois de xantar e dun pequeno repouso, visitaremos o Museo do Viño de Galicia, en Santo…
Ler máis
O IESCHA ORGANIZA A XXII RUTA CHAIREGA-ANDANDO AS TERRAS DE AS PONTES. RUTA DO RÍO DA PONTE DE PEDRA. DOMINGO 1 DE XUÑO DE 2025. SAÍDA ÁS 9:30

O IESCHA ORGANIZA A XXII RUTA CHAIREGA-ANDANDO AS TERRAS DE AS PONTES. RUTA DO RÍO DA PONTE DE PEDRA. DOMINGO 1 DE XUÑO DE 2025. SAÍDA ÁS 9:30

2025, Actividades, Rutas
O IESCHA organiza a XXII Ruta Chairega “RUTA DO RÍO DA PONTE DE PEDRA” por terras de AS PONTES, prevista para o domingo 1 de xuño de 2025.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas. A continuación, viaxe Vilalba–As Pontes para dende O Lago dar comezo ao recorrido da: “RUTA DO RÍO DA PONTE DE PEDRA” A ruta de sendeirismo “Río da Ponte da Pedra” atópase dentro do sistema creado no entorno do lago de As Pontes formando parte do recorrido BTT da Bidegorri. Sairemos do propio lago para incorporarnos os 500 metros á referida senda ata atoparnos na beira do río que fai a función de alimentación coas súas augas ao propio lago. Un río de augas claras e rápidas con gran vexetación autóctona ao seu redor que nos vai achegando os restos do…
Ler máis
O IESCHA PARTICIPOU NO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA” DA DEPUTACIÓN DE LUGO VISITANDO RIBAS DO SIL E QUIROGA (VIDEO RESUME)

O IESCHA PARTICIPOU NO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA” DA DEPUTACIÓN DE LUGO VISITANDO RIBAS DO SIL E QUIROGA (VIDEO RESUME)

2025, FOTOS, RESEÑA, Rutas, Vídeos
Este mércores, 9 de abril, dentro do programa "Coñece a túa Provincia", convocado pola Deputación de Lugo, realizamos a vaixe para facer a ruta Ribas do Sil e Quiroga, que foi a que lle correspondeu ao IESCHA nesta convocatoria. Visitamos: O Centro de Interpretación da Minería Aurífera en Ribas de Sil. A abadía de San Clodio O xeomiradoiro de Campodola. Unha adega. Deixámosvos as fotos e unha pequena montaxe do evento. VIDEO RESUME>>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=1825841391542604
Ler máis
INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 22: RIBAS DO SIL E QUIROGA”, CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO.

INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 22: RIBAS DO SIL E QUIROGA”, CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO.

2025, Actividades, Rutas
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) foi admitido para participar no Programa “Coñece a túa Provincia’2025”, convocado pola Deputación de Lugo, co seguinte CONTIDO (sempre suxeito a algún cambio): A viaxe terá lugar o mércores 9 de abril de 2025, con saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,00 horas.  Ás 10:00 terá lugar unha visita ao Paza de San Marcos. A continuación levarase a cabo o Programa da Ruta concedida:  RUTA 22 (RIBAS DO SIL E QUIROGA): Visita á abadía de San Clodio e ao centro de interpretación da minería aurífera en Ribas de Sil. Visita ao Xeomiradoiro de Campodola. Visita a unha adega. Servizos incluídos:A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café ou infusión e as bebidas indicadas o…
Ler máis
XII RUTA POR GALICIA ADIANTE, ANDANDO AS TERRAS DE FERROL: ARSENAL E FERROL REBELDE. DOMINGO 22 DE SETEMBRO DE 2024. SAÍDA 9:00. INSCRICIÓNS ATA O 18 DE SETEMBRO

XII RUTA POR GALICIA ADIANTE, ANDANDO AS TERRAS DE FERROL: ARSENAL E FERROL REBELDE. DOMINGO 22 DE SETEMBRO DE 2024. SAÍDA 9:00. INSCRICIÓNS ATA O 18 DE SETEMBRO

2024, Actividades, Rutas
O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2024, organiza para o domingo, día 22 de setembro, a XII Ruta Por Galicia adiante - Andando as Terras de…FERROL (O ARSENAL E FERROL REBELDE) PROGRAMA DA RUTA A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 22 de setembro de 2024. A xornada en FERROL dividirase en dúas visitas: -POLA MAÑÁ: VISITA GUIADA POLO ARSENAL O Arsenal está declarado Ben de Interese Cultural. Baixo a dirección de diversos arquitectos e enxeñeiros militares, o Arsenal de Ferrol constrúese no s. XVIII, converténdose nunha das empresas máis difíciles da España da Ilustración e que vinculará a cidade desde…
Ler máis
RESEÑA DA XXI RUTA CHAIREGA. ANDANDO AS  TERRAS DE CABREIROS-XERMADE: RUTA DO RÍO TRIMAZ. ORGANIZADA POLO IESCHA O DOMINGO 9 DE XUÑO DE 2024. (FOTOS E VIDEO RESUME)

RESEÑA DA XXI RUTA CHAIREGA. ANDANDO AS TERRAS DE CABREIROS-XERMADE: RUTA DO RÍO TRIMAZ. ORGANIZADA POLO IESCHA O DOMINGO 9 DE XUÑO DE 2024. (FOTOS E VIDEO RESUME)

2024, FOTOS, RESEÑA, Rutas, Vídeos
Este domingo 9 de xuño tivo lugar a XXI Ruta Chairega, organizada polo IESCHA. Nesa ocasión, recorrendo as terras de Cabreiros (Xermade), emprendimos a Ruta do río Trimaz, unha ruta de sendeirismo que quedará para sempre nos nosos recordos: O río, os camiños, a frondosidade das fragas, as paisaxes diversas, os muíños, as pontes e pontellas, a variada vexetación, as pequenas fervenzas, algunhas lendas, a agradable temperatura, e, sobre todo, a boa e confortable compañía de todas as persoas que participaron, deron lugar a unha xornada máxica e inesquecible. Esta viaxe, non obstante, non sería a mesma sen a presenza do noso guía, Xosé Manuel Felpeto, e a de Suso, un dos nosos acompañantes, que resultaron ser verdadeiros coñecedores destes lugares, e con gran paixón e coñecementos, foron revelándonos os…
Ler máis
XXI RUTA CHAIREGA POR TERRAS DE CABREIROS-XERMADE. RUTA DO RÍO TRIMAZ. O DOMINGO 9 DE XUÑO DE 2024. SAÍDA ÁS 9:30. XANTAR NO RESTAURANTE PETRÓLEO-ROUPAR. PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O MÉRCORES 5 DE XUÑO

XXI RUTA CHAIREGA POR TERRAS DE CABREIROS-XERMADE. RUTA DO RÍO TRIMAZ. O DOMINGO 9 DE XUÑO DE 2024. SAÍDA ÁS 9:30. XANTAR NO RESTAURANTE PETRÓLEO-ROUPAR. PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O MÉRCORES 5 DE XUÑO

2024, Actividades, Rutas
O IESCHA organiza a XXI Ruta Chairega “RUTA DO RÍO TRIMAZ” por terras de CABREIROS-XERMADE, prevista para o domingo 9 de xuño de 2024.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas.  A continuación, viaxe Vilalba – Cabreiros para dende O Chao dar comezo a: “RUTA DO RÍO TRIMAZ Comezamos o percorrido coa salida do O Chao en Cabreiros, dende a Musealización da antiga Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabreiros donde se atopan os arcos e outros elementos da antiga Igrexa, para seguir ata atopar o Río Trimaz na Ponte da Acea preto da Area Recreativa da Acea e Campo de fútbol. Desplazámonos río arriba pola marxe esquerda, superando o Rego Chancelos ou Portosouto. Bordeando o río entre vexetación autóctona chegamos a Ponte de Isabel II, contruida en tempo da Raiña, hacia o ano 1.863, para salvar o río ó paso da Estrada Rábade –Ferrol.…
Ler máis
IX RUTA CULTURAL AO CARBALLIÑO: MUSEO E CASTRO DE SAN CIBRAO DAS LAS, MOLDES, PAZOS DE ARENTEIRO, TEMPLO DA VERACRUZ. DOMINGO 7 DE ABRIL-SAÍDA 9:00 CASA DA CULTURA

IX RUTA CULTURAL AO CARBALLIÑO: MUSEO E CASTRO DE SAN CIBRAO DAS LAS, MOLDES, PAZOS DE ARENTEIRO, TEMPLO DA VERACRUZ. DOMINGO 7 DE ABRIL-SAÍDA 9:00 CASA DA CULTURA

2024, Actividades, Rutas
O IESCHA organiza a IX Ruta Cultural polas terras de O CARBALLIÑO, prevista para o domingo 7 de abril de 2024 e para a que contaremos co acompañamento de FELIPE SENÉN, arqueólogo e escritor, nado en O Carballiño.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende a Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas.   A continuación, viaxe Vilalba – O Carballiño con breve parada técnica na vila do Carballiño, para deseguido visitar o Castro e Museo de San Cibrao das Las, en San Amaro. De volta a O Carballiño, terá lugar o xantar no Restaurante DERBY, sobre as 14 horas. O menú será a base de: ENTRANTES AO CENTRO DA MESA: Empanada caseira e polbo.SEGUNDO: Carne ao caldeiro.SOBREMESA: Brazo de xitano caseiro.BEBIDAS: Viño, gaseosa, auga e café (non entran outras bebidas). Pola tarde, visita a Moldes e Pazos de Arenteiro, en Boborás, espazos vencellados a vida de Lousada…
Ler máis