CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL. REPRESENTACIÓN DE: “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POLO GRUPO ZOEVIXIÓN. SÁBADO 20/12/25, 20:00H., NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL. REPRESENTACIÓN DE: “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POLO GRUPO ZOEVIXIÓN. SÁBADO 20/12/25, 20:00H., NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a representación do espectáculo de teatro expresivo ESTAREI ATÉ A FIN, de Zoe Iriarte, a cargo do grupo ZOEVIXIÓN. O acto é posible grazas a financiación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da convocatoria do Circuíto de Teatro Profesional 2025.O evento terá lugar o sábado 20 de decembro de 2025, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.Estarei até a fin Teatro xestual. Público a partir dos 14 anos. Duración: 30-45 min. Nesta proposta, ZoeVixión toca de forma directa, poética e desgarradora, o tema da guerra. Un personaxe que non ten nada que ver nun conflito bélico, vese envolto nel. A través do seu corpo e de tan só dous obxectos, a…
Ler máis
PROGRAMA MÓVETE’25. TÍTERES: ESPERTA O RINOCERONTE, DE MARIÁN GONZÁLEZ, POLO GRUPO: NAO CARACOLA. VENRES 19/12/25, 19:00 H.- SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PROGRAMA MÓVETE’25. TÍTERES: ESPERTA O RINOCERONTE, DE MARIÁN GONZÁLEZ, POLO GRUPO: NAO CARACOLA. VENRES 19/12/25, 19:00 H.- SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o espectáculo ESPERTA O RINOCERONTE, de Marián González, a cargo do grupo NAO CARACOLA. O acto é posible grazas a financiación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da convocatoria do Programa MÓVETE 2025. O evento terá lugar o venres 19 de novembro de 2025, ás 19:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba. Actriz-titiriteira: Marián González - Dirección: Manuel Román - Música orixinal: Jesús Lana Celaya Escenografía e marionetas: Marián González - Dramaturxia: Manuel Román e Marián González Público: Todos os públicos. Preferentemente a partir de 6 anos. - Produción: Nao Caracola Duración: 40 min. Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso a…
Ler máis
REPRESENTACIÓN TEATRAL: “QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?”, POLO GRUPO “OS PALIMOQUIÑOS”. SÁBADO 29/11/25. ARREDORES DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

REPRESENTACIÓN TEATRAL: “QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?”, POLO GRUPO “OS PALIMOQUIÑOS”. SÁBADO 29/11/25. ARREDORES DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a representación teatral QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?, a cargo do grupo OS PALIMOQUIÑOS (ESCOLA PALIMOCO TEATRO), dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado, convocado e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro, ás 12:00 horas, nos arredores da Casa da Cultura de Vilalba. No caso de climatoloxía adversa, a función levaríase a cabo no interior da Casa da Cultura. QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?- É unha peza participativa de Palimoco que invita ao público a desfrutar de fragmentos de obras clásicas e contemporáneas nun formato dinámico e íntimo. A compañía leva tempo presentando esta obra en diversos espazos culturais de Lugo, onde se converteu nunha experiencia de teatro…
Ler máis
CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL O GRUPO “BÁTEGA TEATRO”, PON EN ESCENA A OBRA “O PANO”. DOMINGO 23/11/25, ÁS 20:00 H. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL O GRUPO “BÁTEGA TEATRO”, PON EN ESCENA A OBRA “O PANO”. DOMINGO 23/11/25, ÁS 20:00 H. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a representación da obra “O PANO”, a cargo do grupo BÁTEGA TEATRO, nunha actividade englobada no Circuito de Teatro Profesional, financiada e patrocinada pola Área de Cultura- Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O acto terá lugar o vindeiro domingo 23 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, con entradade balde, pero haberá que facer a correspondente reserva en entradasvilalba.es ou na páxina web do Concello. O PANO.- Montaxe multidisciplinar que abrangue o drama, o musical e mesmo a ciencia ficción. Público a partir dos 12 anos. 60 min. O Pano reflicte a vida de dúas mulleres entre as que existe unha conexión atemporal. Celia, nada en 1924, vivíu a crueza do patriarcado ao longo do…
Ler máis
REPRESENTACIÓN DE “PROFETAS”, A CARGO DO GRUPO “ÍTACA TEATRO”. SÁBADO 20/09/25-20:30 HORAS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

REPRESENTACIÓN DE “PROFETAS”, A CARGO DO GRUPO “ÍTACA TEATRO”. SÁBADO 20/09/25-20:30 HORAS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do mes de setembro de 2025, organiza a representación da obra “PROFETAS”, a cargo do grupo ÍTACA TEATRO, que contou co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a coprodución do Centro Dramático Galego, da Xunta de Galicia, e coa colaboración e apoio do Concello de Vilalba, a Mostra de Ribadavia, o Concello de Lugo e a Deputación de A Coruña. O acto terá lugar o sábado 20 de setembro de 2025, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.  Reserva de localidades en https://entradasvilalba.es Sinopse: Ela e El vólvense atopar, moito tempo despois: Ao longo da noite, tratarán de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación; os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións…
Ler máis
RESEÑA DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO IESCHA NO MARCO DO 2025-ANO CASTELAO. EXPOSICIÓN-PALESTRA-TEATRO. (VIDEO E FOTOS)

RESEÑA DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO IESCHA NO MARCO DO 2025-ANO CASTELAO. EXPOSICIÓN-PALESTRA-TEATRO. (VIDEO E FOTOS)

2025, Conferencias, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Teatro, Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) de Vilalba sumouse neste 2025 á conmemoración do Ano Castelao, coincidindo co 75º aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis sobranceiras do galeguismo e da cultura galega contemporánea. A súa obra e pensamento, comprometidos coas causas da identidade galega, a liberdade e a dignidade do pobo galego, foron o eixo central dun programa de actos que tamén fixo memoria do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia do 28 de xuño de 1936. O programa arrancou o 26 de xuño coa apertura da exposición Sempre en Galiza (1934-1944) na Casa da Cultura de Vilalba. A mostra, promovida e financiada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, a Rede Museística Provincial, a Fundación Castelao e a Cátedra Castelao da…
Ler máis
REPRESENTACIÓN TEATRAL: “COUSAS” DE CASTELAO. A CARGO DE “OS QUINQUILLÁNS”. VENRES 4/07, ÁS 20H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

REPRESENTACIÓN TEATRAL: “COUSAS” DE CASTELAO. A CARGO DE “OS QUINQUILLÁNS”. VENRES 4/07, ÁS 20H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Conmemoracións, Teatro
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), co patrocinio e financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia d Deputación de Lugo, e coa colaboración do Concello de Vilalba, e dentro dos actos programados co gallo do 2025-ANO CASTELAO, organiza a representación teatral, “COUSAS” de Castelao, a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS. O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 4 de xullo de 2025, ás 20:00 horas.        Os Quinquillans celebramos o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do orixinal; ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social...O retranqueiro burro dun dos contos, transunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”.  A montaxe…
Ler máis
CIRCUÍTOS TEATRO AFECCIONADO-VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN. POSTA EN ESCEA DE “21/3”. GRUPO DE TEATRO DOWN. 30/11, 19:00H., AUDITORIO

CIRCUÍTOS TEATRO AFECCIONADO-VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN. POSTA EN ESCEA DE “21/3”. GRUPO DE TEATRO DOWN. 30/11, 19:00H., AUDITORIO

2024, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través dos CIRCUÍTOS DE TEATRO AFECCIONADO, organiza a representación teatral da obra 21/3, a cargo do GRUPO DE TEATRO DOWN, de Lugo.Este acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 30 de novembro de 2024, ás 19:00 horas. SINOPSE: 21/3 Teatro documental. Público adulto. 50 min. Cando pecho os ollos podo ver a miña vida por retazos, podo compoñer un vestido cosendo todos eses retazos, anédotas, a primeira vez que vin o mar, o meu primeiro bico, as cousas que me fixeron feliz e as cousas que non me fan nin m e fixeron tan feliz...." 21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as suas inquedanzas: como nos…
Ler máis
RESEÑA DA REPRESENTACIÓN DA OBRA “FORMIGAS NO PETO”, DO GRUPO ÍTACA TEATRO, DIRIXIDA POR JOSÉ CAMPANARI E INTERPRETADA POR CARLOS REBOLO. (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA REPRESENTACIÓN DA OBRA “FORMIGAS NO PETO”, DO GRUPO ÍTACA TEATRO, DIRIXIDA POR JOSÉ CAMPANARI E INTERPRETADA POR CARLOS REBOLO. (VIDEO RESUME E FOTOS)

2024, RESEÑA, Teatro, Vídeos
A representación da obra FORMIGAS NO PETO, a cargo do grupo ÍTACA TEATRO, que tivemos a sorte de presenciar no Auditorio Municipal de Vilalba, na noite deste sábado, 19 de outubro, nun acto organizado polo Iescha dentro do programa CIRCUÍTOS DE TEATRO PROFESIONAL convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, destaca pola súa innovadora posta en escena, onde un único actor é capaz de soster a atención do público durante 90 minutos ininterrompidos. A actuación de CARLOS REBOLO é simplemente maxistral. Con gran soltura, asume diferentes papeis ao longo da representación, demostrando non só un notable esforzo físico e emocional, senón tamén unha admirable capacidade para cambiar de rexistro con total naturalidade, levando ao espectador por unha viaxe ateigada de voces, rostros e sentimentos. Hai no protagonista unha…
Ler máis
CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL. O GRUPO ÍTACA REPRESENTA “FORMIGAS NO PETO”. SÁBADO 19-10-24, ÁS 20:00, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL. O GRUPO ÍTACA REPRESENTA “FORMIGAS NO PETO”. SÁBADO 19-10-24, ÁS 20:00, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2024, Actividades, Teatro
#IESCHA O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba, organiza a representación da obra “FORMIGAS NO PETO”, dirixida por JOSÉ CAMPANARI e interpretada por CARLOS REBOLO, a cargo do grupo ÍTACA TEATRO, dentro do CIRCUITO DE TEATRO PROFESIONAL convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presente ano 2024. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o SÁBADO 19 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas. A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO. SINOPSE � FORMIGAS NO PETO Teatro contemporáneo. Público mozo e adulto. 80 min. Carlos, Carliños, Capi... conta,…
Ler máis