RESEÑA DA VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971”. LABC. SÁBADO 4-10-2025. O MESÓN-AS AGUIAS-MURAS. (VIDEO-RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971”. LABC. SÁBADO 4-10-2025. O MESÓN-AS AGUIAS-MURAS. (VIDEO-RESUME E FOTOS)

2025, FOTOS, RESEÑA, Varios, Vídeos
Na mañá deste sábado 4 de outubro, xente do IESCHA realizou, por segundo ano consecutivo, unha visita cultural a Muras, nesta ocasión para coñecer a exposición “Vigo-Muras Serigrafía Galega 1971”, organizada polo Legado Activo Beiras Cal (LABC). A actividade tivo lugar no espazo expositivo de O Mesón en As Águias-Muras, e permitiunos coñecer un capítulo fundamental da historia da arte galega contemporánea. A mostra recolle 41 serigrafías procedentes dos talleres da Serigrafía Galega (Sega), fundada en Vigo por Álvaro Álvarez Blázquez, e que viron a luz por primeira vez en 1971. Durante o percorrido, puidemos apreciar o traballo de 19 artistas plásticos de grande relevancia, entre eles nomes tan destacados como Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, María Antonia Dans, Mercedes Ruibal ou Maside. Nesta ocasión, contamos co acompañamento de Bea Beiras…
Ler máis
VIAXE DO IESCHA. VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971″. SÁBADO 4 DE OUTUBRO DE 2025. 12:00H. LUGAR DE AS AGUIAS-MURAS

VIAXE DO IESCHA. VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971″. SÁBADO 4 DE OUTUBRO DE 2025. 12:00H. LUGAR DE AS AGUIAS-MURAS

2025, Actividades, Exposicións, Varios
O vindeiro sábado 4 de outubro de 2025, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) ten previsto visitar, no lugar de AS AGUIAS-MURAS, a exposición “Vigo-Muras Serigrafía Galega 1971”, un tributo aos irmáns Álvarez Blázquezque acerca ao público 41 serigrafías saídas dos talleres da Serigrafía Gallega (Sega), fundada en Vigo por Álvaro Álvarez Blázquez, e expostas por primeira vez en Galicia en 1971. Na exposición, promovida polo LEGADO ACTIVO BEIRAS CAL (LABC), poderán verse obras de artistas como Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, Virxilio Prego, Xosé Luis de Dios, os irmáns Quesada, Mercedes Ruibal, María Antonia Dans, Vidal Souto ou Maside, entre outros, configurando un percorrido pola creación galega contemporánea a través da serigrafía. A chegada á As Aguias-Muras está prevista para as 12:00. A continuación faremos unha visita á exposición acompañados por Carme Varela, secretaria do LABC (Legado Activo Beiras Cal). Nesta ocasión, non hai prazo…
Ler máis
UNHA REPRESENTACIÓN DO IESCHA VISITOU A RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE VILALBA ESTE PASADO MÉRCORES, 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

UNHA REPRESENTACIÓN DO IESCHA VISITOU A RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE VILALBA ESTE PASADO MÉRCORES, 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

2025, Actividades, Conmemoracións, RESEÑA, Varios
O pasado mércores, 23 de abril, na celebración do Día do Libro, unha representación do IESCHA, formada por Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Manuel C. Santamariña, realizou unha visita moi especial á Residencia de Persoas Maiores de Vilalba. Alí, tiveron a oportunidade de compartir uns momentos entrañables coas persoas residentes, dando lectura a varios fragmentos de obras de autores galegos, entre outros, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Uxío Gracía Amor... Unha experiencia enriquecedora, chea de complicidade, afecto e sorrisos, poñendo en valor o poder da palabra e a importancia de compartir a nosa cultura e a nosa lingua. Dende o Iescha, temos que trasladar o noso agradecemento á directiva, persoal e residentes da institución por ternos invitado ao acto e pola súa cálida acollida.
Ler máis