VIDEO RESUMO DO ACTO DE PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?”, DE MARISÉ FERNÁNDEZ E XOSÉ BOCIXA

VIDEO RESUMO DO ACTO DE PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?”, DE MARISÉ FERNÁNDEZ E XOSÉ BOCIXA

Vídeos
Nesta tarde do venres, a Casa da Cultura de Vilalba acolleu a proxección do documental “A Vivenda, un ben social?”, de Marisé Fernández  é Xose Bocixa. Posteriormente, tivo lugar unha charla coa propia Marisé Fernández e Xosé Anxo Carreira Montes, arquitecto e profesor, que aportaron interesantes puntos de vista sobre a problemática da vivienda social así como doutros aspectos relacionados co urbanismo en xeral. Dende o IESCHA, agradecémoslles moi sinceramente a súa participación neste acto e agardamos poder contar con eles en futuros actos.  https://youtu.be/gOVVOBc-Q2Y DOCUMENTAL COMPLETO "A VIVENDA, UN BEN SOCIAL? DE MARISÉ FERNÁNDEZ E XOSÉ BOCIXA
Ler máis
VIDEO RESUMO DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA” , DE FRANCISCO RODRÍGUEZ

VIDEO RESUMO DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA” , DE FRANCISCO RODRÍGUEZ

Vídeos
Na tarde do xoves, ás 19:30 horas, o Instituto de Estudos Chairegos organizou o acto de presentación do libro, coeditado pola Fundación Galiza Sempre e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. (a segunda metade do século XIV) – TOMO I A relevancia do Reino Galego Medieval”, do que é autor FRANCISCO RODRÍGUEZ.  No acto, o autor Francisco Rodríguez, que foi presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, describiu detalladamente as circunstancias da etapa medieval do reino de Galiza facundo fincapé na ocultación e enmascaramento sobre ese período.
Ler máis
VIDEO ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?”

VIDEO ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?”

Vídeos
ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?” Magnífico o roteiro que organizou o IESCHA para esta tarde de sábado coa inestimable colaboración de EDUARDO RAMIL, director do MUPAV (Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba). Infinidade de aspectos interesantes os que fomos coñecendo ao longo do percorrido e o longo das distintas épocas. Para repetir!!! O noso especial agradecemento a Eduardo e a toda a xente que nos acompañou! Aí queda un pequeno video-resumo.
Ler máis
VÍDEO: PARTICIPACIÓN DO IESCHA NA FEIRA DO LIBRO 2022

VÍDEO: PARTICIPACIÓN DO IESCHA NA FEIRA DO LIBRO 2022

Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) paticipou estes días 3, 4 e 5 de xuño na II Feira do Libro Vilalé compartindo posto coa Biblioteca Municipal. As persoas que por alí pasaron contemplaron as publicacións que o Iescha leva editadas ao longo dos seus 22 anos de vida. Na última xornada, dous membros da Xunta Directiva do IESCHA, Marisa Barreiro e Chema Felpeto, participaron nas presentacións de dous libros: “Non penses nun elefante rosa”, de Antía Yáñez, e “Eu son Exeria”, de Marisa Vidal Collazo, respectivamente. Aí deixamos un pequeno resumo.
Ler máis