ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO COHÁN CABANA-CONCERTO DE CRIS ROMÁN

ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO COHÁN CABANA-CONCERTO DE CRIS ROMÁN

2022, Homenaxes, Vídeos
Segunda xornada dos actos da Cultura Chairega programados polo IESCHA en homenaxe a Manuel María no XVIII Cabodano. Foi o desta noite un acto moi especial, emotivo e cargado de sensibilidade e agarimo. Unha perfecta simbiose que tivo como principais protagonistas a dous grandes da nosa cultura: Manuel María e Darío Xohán Cabana… E a maiores... o concerto, claro. Cris Román, acompañada do seu grupo, soubo conquistar perfectamente aos asistentes coa súa fermosa e cautivadora voz, compoñendo expresamente para este acto unha canción con letra dun dos poemas de Darío. Parabéns, Cris!!! E unha mención moi agarimosa para todos os compoñentes da familia de Darío presentes no acto, e de xeito especial, para a súa neta, a súa dona e a súa filla, quen, en representación de todos eles, pronunciou…
Ler máis
ACTOS DA CULTURA CHAIREGA-HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XVIII CABODANO-OFRENDA E RECITADO POPULAR (RESUMO VIDEOGRÁFICO)

ACTOS DA CULTURA CHAIREGA-HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XVIII CABODANO-OFRENDA E RECITADO POPULAR (RESUMO VIDEOGRÁFICO)

2022, Vídeos
Neste tardiña de xoves, cando se cumplen dezaoito anos do pasamento de Manuel María, o Iescha organizou unha ofrenda e un recitado popular ao pé da súa escultura, nun acto sinxelo pero cheo de sentimento, para seguir poñendo en valor os méritos do gran poeta chairego e seguir reivindicando a súa figura así como a denominación “CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA. É de xustiza. Dende o Iescha, agradecemos a asistencia a todas as persoas presentes no acto, algunhas delas recitando poemas do poeta, e de xeito especial ao grupo Buxos Verdes que non tivo ningún incoveniente en acompañarnos musicalmente coa canción O CARRO. Este venres, ás 20:30, no Auditorio Municipal, terá lugar a segunda xornada da CULTURA CHAIREGA, coa entrega da placa de Socio de Honra do Iescha a DARÍO…
Ler máis
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “A CASA DE ROSALÍA” NO 50 ANIVERSARIO DA SÚA APERTURA COMO MUSEO.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “A CASA DE ROSALÍA” NO 50 ANIVERSARIO DA SÚA APERTURA COMO MUSEO.

2022, Exposicións, Vídeos
A CASA DE ROSALÍA, A CASA DE TODOS OS GALEGOS E GALEGAS “Un esforzo colectivo que uniu a todas e todos os galegos hai cincuenta anos e que nos debe seguir unindo” foron algunas das palabras que o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, pronunciou hoxe pola tarde na inauguración da exposición “A CASA DE ROSALÍA”, comisariada por Pepe Barro, unha estupenda, atractiva e moi didáctica exposición, promovida pola Fundación Rosalía de Castro, co gallo do medio século da apertura como museo da Casa da Matanza de Padrón, onde a escritora pasou os últimos anos da súa vida. O vistoso deseño da exposición semella as distintas estancias dunha casa e describe a historia da adquisición, restauración e musealización da Casa da Matanza. Asistiron en representación das entidades organizadoras…
Ler máis
CONCERTO DE CRIS ROMÁN NOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XVIII CABODANO

CONCERTO DE CRIS ROMÁN NOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XVIII CABODANO

2022, Vídeos
Venres 9 de setembro, 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, dentro dos actos programados da Cultura Chairega en homenaxe a Manuel María, no seu XVIII cabodano, terá lugar un CONCERTO DE CRIS ROMÁN. Entre as súas cancións pódese atopar un amplo abano de estilos dende blues, swing, country, e música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego
Ler máis
PROXECCIÓN DE “O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA” – CICLO CINE NA RÚA (VICEPRESIDENCIA-DEPUTACIÓN LUGO)

PROXECCIÓN DE “O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA” – CICLO CINE NA RÚA (VICEPRESIDENCIA-DEPUTACIÓN LUGO)

Actividades, Vídeos
Onte, no Parque Rosalía de Castro de Vilalba, o IESCHA, en colaboración do CONCELLO, programou a proxección da película O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA, dentro do CICLO CINE NA RÚA, convocado pola AULA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO. O numeroso público asistente puido disfrutar desta simpática e agradable película e tamén do magnífico lugar da proxección. Dende o IESCHA expresamos o noso agradecemento a todas as persoas que a fixeron posible.
Ler máis
MURAL DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO OBRA DO ARTISTA PABLO LAGE “VAN KRAFT”

MURAL DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO OBRA DO ARTISTA PABLO LAGE “VAN KRAFT”

2022, Actividades, Homenaxes, Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo foron da man na creación dun mural dedicado a gran poetisa galega Rosalía de Castro nunha das paredes do edificio da rúa Conde Pallares que linda co acceso ao Parador. O autor desta espectacular obra foi o artista vilalbés Pablo Lage “Van Kraft”. Os nosos parabéns!!! Xa a principios deste mesmo ano, e a partires dunha proposta do IESCHA, levouse a cabo a inauguración do Parque que leva o nome de Rosalía de Castro onde se colocou tamén un monolito na súa lembranza, obra do canteiro José Gómez de Bernardo Pepón. https://youtu.be/4zR9cn7tpWU
Ler máis
VIDEO RESUMO DO ACTO DE PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?”, DE MARISÉ FERNÁNDEZ E XOSÉ BOCIXA

VIDEO RESUMO DO ACTO DE PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?”, DE MARISÉ FERNÁNDEZ E XOSÉ BOCIXA

Vídeos
Nesta tarde do venres, a Casa da Cultura de Vilalba acolleu a proxección do documental “A Vivenda, un ben social?”, de Marisé Fernández  é Xose Bocixa. Posteriormente, tivo lugar unha charla coa propia Marisé Fernández e Xosé Anxo Carreira Montes, arquitecto e profesor, que aportaron interesantes puntos de vista sobre a problemática da vivienda social así como doutros aspectos relacionados co urbanismo en xeral. Dende o IESCHA, agradecémoslles moi sinceramente a súa participación neste acto e agardamos poder contar con eles en futuros actos.  https://youtu.be/gOVVOBc-Q2Y DOCUMENTAL COMPLETO "A VIVENDA, UN BEN SOCIAL? DE MARISÉ FERNÁNDEZ E XOSÉ BOCIXA
Ler máis
VIDEO RESUMO DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA” , DE FRANCISCO RODRÍGUEZ

VIDEO RESUMO DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA” , DE FRANCISCO RODRÍGUEZ

Vídeos
Na tarde do xoves, ás 19:30 horas, o Instituto de Estudos Chairegos organizou o acto de presentación do libro, coeditado pola Fundación Galiza Sempre e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. (a segunda metade do século XIV) – TOMO I A relevancia do Reino Galego Medieval”, do que é autor FRANCISCO RODRÍGUEZ.  No acto, o autor Francisco Rodríguez, que foi presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, describiu detalladamente as circunstancias da etapa medieval do reino de Galiza facundo fincapé na ocultación e enmascaramento sobre ese período.
Ler máis