RESEÑA DO CONCERTO “EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”. DE CARLOS GÓMEZ OSA. CON LOIS CUBA, ROSANA DOMÍNGUEZ E MINICORO ESMUVI. SÁBADO 28/02/26. AUDITORIO DE VILALBA (VIDEO E FOTOS)
Na noite deste sábado 28 de febreiro, o Auditorio Municipal de Vilalba encheuse de emoción, sensibilidade e compromiso co concerto de Carlos Gómez Osa “En Feminino. Cancións con nome de muller”, unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos do Mes de Rosalía e na antesala do 8M. E o certo é que a cita superou, con creces, todas as expectativas. Carlos Gómez Osa demostrou, unha vez máis, o seu bo facer enriba do escenario: fiel ao seu estilo, coidando cada palabra e cada silencio, fiando as cancións coma quen borda historias co fío da emoción, da reivindicación, da memoria histórica. Dende os primeiros acordes de “Palabras para Julia”, de J. A. Goytisolo e Paco Ibáñez, o público soubo que estaba a…









