VIDEO-RESUME DAS XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO – 25 E 26 DE NOVEMBRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA

VIDEO-RESUME DAS XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO – 25 E 26 DE NOVEMBRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA

2022, Vídeos, Xornadas
Xornadas moi interesantes, motivadoras e suxerentes as organizadas polo Iescha e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Vilalba, durante a tarde do venres e a mañá deste sábado, na Casa da Cultura.    Durante este dous días asistimos a un amplo e variado programa sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero, onde relatoras e relatores, a través de conferencias, charlas, debates, proxeccións, roteiros guiados, exposicións, etc., deixaron boa mostra de infinidade de aspectos interesantes para o debate e para a análise, partindo do que houbo, do que hai e do que se pretende que haxa.  Moitas grazas e moitos parabéns, polo tanto (e por tanto!), a Cristina Palacios, a Jesús Castro, a Carme Adán, a Quique Latorre, a Erik Dopazo, a Enzo Sarmiento, a Laura Cadenas, a José Manuel Rodríguez…
Ler máis
ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANXO ANGUEIRA “PALMEIRAS E PIUEIROS” NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, O XOVES 17 DE NOVEMBRO (VIDEO RESUMO FOTOGRÁFICO)

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANXO ANGUEIRA “PALMEIRAS E PIUEIROS” NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, O XOVES 17 DE NOVEMBRO (VIDEO RESUMO FOTOGRÁFICO)

2022, Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e Nova Poesía Guitírica (NPG) organizaron onte na Casa da Cultura de Vilalba a presentación do libro, editado por CHAN DA PÓLVORA “PALMEIRAS E PIUEIROS”, do que é autor ANXO ANGUEIRA, presidente da Fundación Rosalía de Castro.  O acto contou tamén coa presenza e as intervención de Mª Xosé Lamas, en representación da Nova Poesía Guitírica, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. A morte da palmeira de Manselle (un verdadeiro emblema do lugar natal do seu autor) é a orixe deste fermoso libro de poemas de Anxo Angueira, ao que sempre é un placer escoitalo, e que, entre outras moitas cousas, nos comentou que o libro pretende ser unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia. Tanto dende o IESCHA como dende a…
Ler máis
ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA NOVA OLANDA. DE FERROL A PORTO: AS CIDADES GALEGAS E O NORTE DE PORTUGAL NO ESCENARIO GLOBAL (VIDEO-RESUME)

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA NOVA OLANDA. DE FERROL A PORTO: AS CIDADES GALEGAS E O NORTE DE PORTUGAL NO ESCENARIO GLOBAL (VIDEO-RESUME)

2022, Vídeos
Este venres, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar o acto de presentación do libro de Antón Baamonde “UNHA NOVA OLANDA. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global” e que contou coa presentación de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha...  Moi interesante a intervención de Antón Baamonde que nos foi detallando as principais ideas contidas no mesmo, principalmente o modelo de futuro da nosa Galiza, facendo especial mención ao desenrolo urbán, á relación co norte de Portugal, á falta de perspectiva, a carencia de estratexia…  Ao remate da charla, produciuse un animado e participativo debate sobre os puntos sinalados polo autor.Dende o IESCHA só nos queda agradecer moi sinceramente a Antón Baamonde a súa participación neste acto e por ternos agasallado cun feixe…
Ler máis
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE JESÚS TRASTOY “LÁMINAS DO QUIXOTE” – ATA O 30 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO (VÍDEO)

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE JESÚS TRASTOY “LÁMINAS DO QUIXOTE” – ATA O 30 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO (VÍDEO)

2022, Vídeos
Na noite deste xoves, o Instituto de Estudos Chairegos levou a cabo, no Auditorio Municipal de Vilalba, a inauguración da EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” de JESÚS TRASTOY, que poderá ser visitada ata o 30 de novembro. A mostra está formada por 108 láminas (ilustracións da novela de Cervantes) que Jesús Trastoy debuxou a bolígrafo nun minucioso, paciente e encomiable traballo. Todas as persoas que asistiron á inauguración destacaron, unha vez contempladas as láminas, o magnífico e brillante traballo realizado por Jesús Trastoy, a calidade do mesmo así como a importancia da técnica empregada. Dende o IESCHA, só nos queda agradecer a todas esas persoas a asitencia ao acto, e a Jesús Trastoy desexarlle todo o mellor e que siga disfrutando por moitos anos de toda a súa actividade cultural, que…
Ler máis
ACTO DE ENTREGA DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A LOIS PÉREZ, GAÑADOR POR “A GRUTA DA TORRE” (VIDEO-RESUME FOTOGRÁFICO)

ACTO DE ENTREGA DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A LOIS PÉREZ, GAÑADOR POR “A GRUTA DA TORRE” (VIDEO-RESUME FOTOGRÁFICO)

2022, Vídeos
Na tarde noite deste sábado, o IESCHA, en colaboración co Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, organizou no Auditorio o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade a LOIS PÉREZ, gañador polo seu libro A GRUTA DA TORRE. Un acto que tamén serve para lembrar a figura do noso benquerido Agustín. E dese xeito deu comezo o evento, proxectando un pequeno pero emotivo video na súa memoria. A partir de aquí, fóron sucedéndose unha tras outra, as fantásticas actuacións coas que nos deleitaron PABLO DEL VALLE, AS MOUCHAS (Grupo de alumnas do IES Basanta Silva), CORREDORES DE SOMBRA, o alumnado da ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO, novamente AS MOUCHAS, LOIS PÉREZ, PABLO DEL VALLE E MARCOS SACHIN NOVO, e como…
Ler máis
UN GRUPO DE PERSOAS DA RESIDENCIA DE MAIORES DE VILALBA VISITA NO AUDITORIO A EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS”

UN GRUPO DE PERSOAS DA RESIDENCIA DE MAIORES DE VILALBA VISITA NO AUDITORIO A EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS”

2022, Actividades, Vídeos
https://youtu.be/3pBaGds8GkE Unha gran alegría tivemos no IESCHA ao recibir esta mañá a visita dun grupo de persoas da Residencia de Maiores de Vilalba á Sala de Exposicións do Auditorio para contemplar á mostra de fotografía antiga TAL COMO ERAMOS. Foron momentos moi entrañables os vividos por todas as persoas que alí se atopaban ao ir percorrendo un por un os paneis que compoñen a referida mostra. As lembranzas que ían experimentando, o recoñecemento da xente que figuraba nas fotos, os comentarios que xurdían do que contemplaban en cada unha delas… Foron momentos fantásticos, para gardar na memoria… Dende o Iescha queremos mandar unha forte e agarimosa aperta a todas as persoas que nos visitaron, agardardando que o pasaran estupendamente e que poidamos seguir compartindo con todas elas outras actividades no…
Ler máis
CONCERTO DE PÄRBO NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA – 1 DE OUTUBRO DE 2022 (VIDEO RESUMO)

CONCERTO DE PÄRBO NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA – 1 DE OUTUBRO DE 2022 (VIDEO RESUMO)

2022, Vídeos
CONCERTO DE PÄRBO EN VILALBA Gran concerto do dúo musical PÄRBO, formado por Begoña Riobó e Anxo Pintos. Delicadeza e sensibilidade en cada unha das pezas coas que nos foron deleitando ao longo do mesmo. Violín, arpa, zanfoña, voz… Música evocadora e harmoniosa, alternando temas orixinais con outros versionados da música popular galega. Parabéns, Begoña e Anxo, polo voso magnífico traballo!!! Foi na noite deste sábado, no Auditorio Municipal de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello, e coa presenza de numeroso público ao que lle agradecemos a súa asistencia.
Ler máis
PRE-ESTREA DO DOCUMENTAL “XORIMA”, DE SOFÍA NASEIRO, NO AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA (RESUMO VIDEOGRÁFICO DO ACTO)

PRE-ESTREA DO DOCUMENTAL “XORIMA”, DE SOFÍA NASEIRO, NO AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA (RESUMO VIDEOGRÁFICO DO ACTO)

2022, Vídeos
Emoción, sentimento, orixinalidade, música, estimulante, entrañable, atraíble, grande aventura de xuventude, experiencia marabillosa, grupo de amigos, Morón indispensable, Vilalba debe sentirse moi orgullosa de ser o pobo de Xorima... Estas foron algunhas das verbas e frases que se escoitaron na tarde noite deste sábado, no Auditorio Municipal de Vilalba, na pre-estrea do documental XORIMA, de Sofía Naseiro. Un documental englobado no denominado Proxecto Xorima que naceu precisamente para homenaxear, despois de corenta anos, ao grupo de folk galego Xorima, activo entre 1981 e 1989. Baruk Domínguez foi o encargado de presentar o acto que contou ademais coas intervencións de Sofía Naseiro, directora do documental, e de Emilio Españadero, director e presentador do programa radiofónico Lume Na Palleira. Grande aplauso final para este magnífico documental, para a súa directora e... para…
Ler máis
VII RUTA CULTURAL DO IESCHA VISITANDO SARGADELOS E OS CANTÍS DE MORÁS. RESUMO VIDEOGRÁFICO

VII RUTA CULTURAL DO IESCHA VISITANDO SARGADELOS E OS CANTÍS DE MORÁS. RESUMO VIDEOGRÁFICO

Rutas, Vídeos
https://youtu.be/A6Z5FBzD-UU Magnífica a ruta cultural que para este domingo 18 de setembro preparou o IESCHA coa fin de visitar Sargadelos e os Cantís de Morás. Foi unha xornada ben completa misturando a faceta cultural, a paisaxística, a gastronómica, a social. Agradecemos a Elisa, a guía que nos acompañou pola maña, a súa completa e amena información, así como a todas as persoas que compartiron con nós esta experiencia apuntándose para a realización da ruta.   Era esta a primeira que organizaba o IESCHA despois do parón motivado pola pandemia e quedaron moitas gañas de comezar xa cos preparativos da seguinte. Manterémosvos informadas e informados.  
Ler máis