
“ROSALÍA NAS PANTALLAS”, RELATORIO DE MARTIN PAWLEY. PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS ROSALIANAS 2023. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 24-02-2023 (VIDEO-RESUME)
Dentro das Xornadas Rosalianas 2023, organizadas polo Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitírica e o Instituto de Estudos Chairegos, tivo lugar este venres, na Casa da Cultura vilalbesa, un interesantísimo relatorio de Martin Pawley, crítico, programador e produtor cinematográfico, co título de ROSALÍA NAS PANTALLAS, onde o conferenciante foi ilustrando a súa intervención con cortes videográficos coa presenza de Rosalía de Castro e da súa obra no cinema e na televisión do século XX, que non foi moi extensa pero si de grande interese. Dende a organización, expresamos o noso agradecemento e os parabéns a Martin Pawley por axudarnos a coñecer un pouco mellor a figura de Rosalía de Castro dende outro punto de vista e dun xeito moi ameno, didáctico e participativo. https://youtu.be/9lnM4k3bSxc