
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza para o xoves 29 de xaneiro de 2026, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a charla de MANUEL MONGE sobre MEMORIA HISTÓRICA E OS RESTOS DO FRANQUISMO.
A presentación correrá a cargo da presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO.
Durante o acto, levarase a cabo tamén a proxección do documental “CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FASCISTA”, producido pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña-CRMH, con guión do propio Manuel Monge.
Tamén, no mesmo acto, levaráse a cabo a ENTREGA DA PLACA COA MENCIÓN DE HONRA DO IESCHA A TÍTULO POSTUMO A DARIO RIVAS CANDO, o loitador da memoria, acordada por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinaria do ano 2023, entre outras razóns, “por activar as xestións en memoria democrática con relación a seu pai Severino Rivas, fusilado no 36, resultando ser o primeiro querellante do Estado na causa contra os crimes franquistas na Arxentina”.
Contaremos para iso, coa presenza da súa sobriña MARÍA JESÚS RIVAS, que será a encargada de recoller a Mención.
Este acto estaba previsto para o mes de novembro de 2023, pero tivo que ser adiado por imposibilidade de asistencia dalgún convidado.
Manuel Monge González, é mestre e sociólogo. Foi presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) (2007-2011). Foi vítima do franquismo. É autor do libro:
“Os restos do franquismo en Galiza”.
Entrada de balde. Reserva de localidadade en entradasvilalba.es
