CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE NACIÓN DE MARGARITA LEDO

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, continuando co seu compromiso de poñer en valor as producións cinematográficas galegas, ten programado para o sábado 12 de xuño de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película NACIÓN, da directora chairega MARGARITA LEDO ANDIÓN.

O acto dará comezo ás 19:00 horas coa presentación da película por parte da propia directora para proseguir a continuación coa proxección da mesma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad