
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental gañador FILMEI PAXAROS VOANDO, dirixida por ZELTIA OUTEIRIÑO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante estes meses brídanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta NOVENA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 30 de outubro de 2025, ás 20:30 horas.
A entrada será de balde pero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba
SINOPSE
Despois de 20 anos vivindo en Barcelona, Zeltia volta a Galicia para filmar a memoria do seu admirado tío Antonio, un artesán textil galeguista gai que viviu intensamente nos anos 80. Este retorno provoca o reencontro coa súa nai Socorro, unha muller moi conservadora á que Zeltia rexeitaba. O repentino empeoramento na saúde de Socorro cambia a mirada de Zeltia, que comeza un camiño de volta a casa complexo, pero tamén cheo de amor, coidados e sanación.
FICHA TÉCNICA
Dirección e guión: Zeltia Outeiriño
Reparto: Socorro González, Pepe Outeiriño, Antonio Outeiriño, Concha Outeiriño, Marcos Outeiriño
Produción executiva: Silvia Fuentes, Mireia Graell
Xefa de produción: Raquel Gestido
Axudante de produción: Luis Outeiriño, Patricia Huguet, Laura Serra, Adela Otero
Axudante de dirección: Nacho Ozores, Anxos Fazáns
Dirección de fotografía: Lucía C. Pan
Operadoras de cámara: Zeltia Outeiriño, Alicia Francés, Xiana do Teixeiro
Axudantes de cámara: Lucía Estévez, Ángel Señoráns
Eléctricos: Pablo Díaz, Andrea Louzao
Foto fixa: Cris Grande, Luis Outeiriño
Dirección de arte: Marta Soto
Axudante decoración: Concha Outeiriño
Montaxe: Zeltia Outeiriño, Nuria Mosqueira
Coordinadora posprodución: Leticia T. Blanco
Etalonaxe: Leticia T. Blanco
Laboratorio: Alfonsín Digital Lab
VFX: Andrea Alonso
Son directo: Zeltia Outeiriño, Xavier Souto
Deseño de son: Xavier Souto
Mestura de son: David Machado
Estudo de son e mesturas: La Panificadora Estudios
Música: Ale Fergar – WS Association of musicians
Intérprete musical: Marcos Outeiriño
Duración: 100 min.
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor documental (GAÑADOR)
https://estudoschairegos.gal – https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal – https://cultura.deputacionlugo.gal https://ciclomestremateo.gal

