CICLO MESTRE MATEO 2026. I SESIÓN DE CURTAMETRAXES ANIMACIÓN. DOMINGO 14 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE. RESERVA DE LOCALIDADE EN entradasvilalba.es

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, e coa financiación da ICAA-Ministerio de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, organiza a 1ª SESIÓN DE CURTAS, coa proxección de 4 CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN: LUCUS, NUNO, O MESMO E O CORPO DE CRISTO (Curta gañadora), dando comezo deste xeito ao CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta PRIMEIRA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 14 de xuño de 2026, ás 20:00 horas.

LUCUS, DE DAVID FIDALGO OMIL. De unha luz cegadora emerxe unha forte muller de cabelos dourados, que trata de deer unha oscuridade imparable que ven do bosque. Duración: 14 min. Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.

NUNO, DE ANTÍA IGLESIAS E MARTIN JOGA. Nuno ten un ano e poucos meses e vive comodamente cos seus pais. Son unha familia común e feliz, pero hai unha expectativa flotando no aire… Duración: 3:05 min. Calificación por idades: Apta para todos os públicos.

O MESMO, DE VIRGINIA CURIÁ. Dez anos despois do seu paso polo instituto, Mar e Alex reencóntranse e póñense ao día sobre as súas vidas… Duración: 9:40 min. Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.

O CORPO DE CRISTO, DE BEA LEMA. Adela, unha muller cun trastorno mental non diagnosticado, busca alivio en rituais populares. Incomprendida pola súa familia… Duración: 12:30 min. Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad