
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, e coa financiación da ICAA Ministerio de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, organiza a 2ª SESIÓN DE CURTAS, coa proxección de 4 CURTAMETRAXES DE IMAXE REAL: ABELLÓN-ADEUS, BERTA-ALGO NOVO QUE CONTAR-CURMÁN (Curta gañadora), continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta SEGUNDA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 3 de xullo de 2026, ás 20:00 horas

