CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “ANTES DE NÓS”, DE ANGELES HUERTA. XOVES 3 DE SETEMBRO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. PROGRAMACIÓN FESTAS’2026

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE: ANTES DE NÓS, de Ángeles Huerta, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta TERCEIRA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 3 de setembro de 2026, ás 20:00 horas.

SINOPSE
Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas: 1918. Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. 1929. O matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se entende. Unha viaxe que os unirá para sempre. Castelao antes de ser Castelao. Galicia antes da “xeración Nós”. Castelao e Virxinia antes de ser “nós”.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Ángeles Huerta
Produción executiva: Zaza Ceballos
Guión: Pepe Coira
Música: Sofía Oriana 
Fotografía: Lucía C. Pan 
Dirección de produción: Lucía Caramelo
Dirección de arte: Elia Robles
Montaxe: Lucía Iglesias
Son directo: Toni Penido
Montaxe de son: David Machado, Javi Pato
Postprodución de imaxe: Alfonsin Digital Lab
VFX: Cormorán VFX
Reparto: Xoán Fórneas, Cris Iglesias, Nancho Novo, Aldám Santos, Manuel Cortés, Isabel Vallejo, Adrián Ríos, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Xoel Fernández, Xosé M. Esperante 

CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
Dirección de arte-Dirección de fotografía-Dirección de produción-Dirección-Guión-Interpretación Feminina de Reparto-Interpretación Feminina Protagonista-Interpretación Masculina de Reparto-Interpretación Masculina Protagonista-Longametraxe-Maquillaxe e Perruquería-Montaxe-Música Orixinal-Son-Vestiario

   Duración: 85 min

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad