CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “+CUÑADOS”, DE LUIS AVILÉS. XOVES 4 DE SETEMBRO DE 2025 – 20:00 H. AUDITORIO DE VILALBA 

#ciclomestremateo

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe +CUÑADOS, dirixida por LUIS AVILÉS, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO. 
Esta TERCEIRA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 4 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.

Sinopse 
Un cadáver aparece xusto no medio da ponte internacional de Tui. Uns días antes… Chegou o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para desfrutar das festas favoritas de calquera bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear os cartos do botín que lles caeu do ceo. Entre unha cousa e a outra, Modesto convertiuse nun membro máis da familia. Un cuñado máis. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués) en busca de venganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que rematará cun cadáver no medio da ponte internacional de Tui. E que convertirá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

FICHA TÉCNICA 
Dirección: Luis Avilés 
Produción executiva: Alfonso Blanco 
Reparto: Federico Pérez, Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez, Mela Casal, Ivo Bastos, Manuel Cortés, Nuno Sá, Paku Granza, Ana Saltao, Brais Yanek, Patricia Torres, David Perdomo, Antía Touriñán, Moraima Duarte, Saamira Ganay
Dirección de produción: Ana Míguez, Javi Lopa 
Axudantes de produción: Laura Doval, Belén Piñeiro 
Auxiliares de produción: Andrés Caride, Claudia Peña, Borja Blanco, Axel Satzcha 
Script: Olaia Sánchez 
Dirección de fotografía: Sergio Franco 
Foto fixa: Jaime Olmedo 
Xefe de eléctricos: Pablo Rendo 
Eléctricos: Manuel Núñez, Manu Paz, Toño Escarís 
Dirección de arte: Andrea Pozo 
Axudante de arte: Cristina Junquera 
Rexidor: Ramón Rubira 
Xefa de vestiario: Alicia Saturna 
Maquillaxe e perruquería: Fanny Bello 
Montaxe: Lu Rodríguez 
Xefe de son: Juan Gay 
Posprodución de son: Santi Jul 
Música orixinal: Santi Jul, Iván Laxe 
Duración: 90’
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO 
Mellor dirección – Mellor dirección de arte – Mellor dirección de produción – Mellor interpretación masculina protagonista – Mellor longametraxe – Mellor maquillaxe e perruquería – Mellor montaxe – Mellor música orixinal

https://estudoschairegos.gal – https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal– https://cultura.deputacionlugo.galhttps://ciclomestremateo.gal

A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad