O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe MATRIA, de ÁLVARO GAGO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta novena proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 21 de decembro de 2024, ás 20:00 horas.
SINOPSE
Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.
FICHA TÉCNICA
DIRECCIÓN: ÁLVARO GAGO
REPARTO: MARÍA VÁZQUEZ, SORAYA LUACES, SANTI PREGO, SUSANA SAMPEDRO E TATÁN
DURACIÓN: 93′ IDIOMA: GALEGO ANO: 2023
XÉNERO: DRAMA – RURAL. IDADE: 12+
ESPECIALMENTE RECOMENDADA PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor película
Mellor dirección
Mellor interpretación femenina, gañadora
Mellor interpretación masculina
Mellor interpretación femenina de reparto, gañadora
Mellor interpretación masculina de reparto, gañadora
Mellor guion
Mellor montaxe
Mellor son
Mellor dirección de fotografía, gañadora
Mellor dirección de produción, gañadora
Mellor maquillaxe e perruquería
https://ciclomestremateo.gal https://www.deputacionlugo.gal/es/a-deputacion/areasgoberno/cultura https://www.vilalba.gal/es https://estudoschairegos.gal
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO