PROXECCIÓN DE “O CORPO ABERTO” DE ÁNGELES HUERTA, PELÍCULA GAÑADORA NOS PREMIOS MESTRE MATEO 2023-XOVES 30 DE NOVEMBRO, 20:30H. NO AUDITORIO MUNICIPAL D VILALBA

 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película O CORPO ABERTO, de Ángeles Huerta, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO. 

Esta oitava e terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o XOVES 30 DE NOVEMBRO DE 2023, ás 20:30h.

SINOPSE
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

FICHA TÉCNICA: 

Duración: 1h 30min
Dirección: Ángeles Huerta
Guión: Ángeles Huerta, Daniel Domínguez
Reparto: Tamar Novas, Victoria Guerra, María  Vázquez, Federico Pérez, Nico Elkser, Elena Seijo, Miquel Ínsua, Izan González
Música orixinal: Mercedes Peón
Dirección de fotografía: Gina Ferrer
Dirección de arte: Antonio Pereira
Vestiario: Teresa Sousa 
Xefa de maquillaxe: Raquel Fidalgo
Perruquería: Noé Montes, María Barreiro
Xefe de son: Jordi Rossinyol 
Posprodución de son: Diego Staub
Montaxe: Sandra Sánchez
Dirección de produción: Tamara Soto
Produción executiva: Gaspar Broullón, Adrià Monés, Ana Costa

CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Gañadora: Mellor longametraxe
Gañadora: Mellor dirección
Gañadora: Mellor dirección de arte
Gañadora: Mellor dirección de fotografía
Gañadora: Mellor dirección de produción
Gañadora: Mellor guion
Gañadora: Interpretación masculina de reparto
Gañadora: Interpretación masculina protagonista
Gañadora: Mellor maquillaxe e perruquería
Gañadora: Mellor música orixinal
Gañadora: Mellor son
Gañadora: Mellor vestiario
Finalista: Mellor interpretación feminina de reparto
Finalista: interpretación feminina de protagonista
Finalista: Mellor montaxe

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad