CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: “AO SON DA NOVA REGUEIFA”, DE MANOLO MASEDA E SAÚL RIVAS. DOMINGO 13 DE SETEMBRO DE 2026, ÁS 20:00 H. NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DA PELÍCULA DOCUMENTAL: AO SON DA NOVA REGUEIFA, de Manolo Maseda e Saúl Rivas, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta CUARTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 13 de setembro de 2026, ás 20:00h. Entrada de balde. Reserva de localidade en entradasvilalba.es

SINOPSE

Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza. Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía… A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Manolo Maseda e Saúl Rivas

Guión: Saúl Rivas e Manolo Maseda

Realización: Jairo Iglesias

Operadores de cámara: Jairo Iglesias e Adolfo Fernández

Edición: Jairo Iglesias e Iria Martínez

Son directo: Alberto Blanco, Borja Freire e Pablo Vidal

Posprodución de son: Santi Jul

Música orixinal: Manolo Maseda, Antía Ameixeiras e Richi Casás

Produción executiva: Xosé A. Touriñán, Manolo Maseda, Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa

Dirección de produción: Laura Canto

Xefatura de produción: Miguel Vázquez

Equipo de produción: Lucía Pallín, Alba Gilda e Brais Alvarellos

Equipo de Undodez: Elisa Martínez, Pablo Goirigolzarri e Icía López

DURACIÓN: 60 min

CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO

Documental

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad