CICLO MESTRE MATEO PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AURORA”, DE AREA ERINA. DOMINGO 28/09/2025, ÁS 20:00 H. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo,  Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental AURORA, dirixida por AREA ERINA, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta SEXTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 28 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.

Sinopse

Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller. 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Area Erina 

Reparto: Aurora Álvarez 

Produción executiva: Laura Doval, Antonio D. Morris, Sus López, Andrés Goteira 

Dirección de produción: Laura Doval 

Axudante de produción: Suso López 

Cámara: Area Erina 

Fotografía de arquivo: Fernando Pena 

Montaxe: Andrés Goteira, Area Erina 

Música orixinal: José Novoa 

Mestura: Miguel Bianchi 

Posprodución de son: La Panificadora Estudios 

Supervisión de son: David Machado 

Montaxe de son: Óscar Nieto 

Mestura de son: Javier Pato 

Axudante de son: Alba Pego 

Posprodución de vídeo: Mestre Estudio 

Cor e formato: Alberto Díaz, Estudio Triskel 

Deseño: Fernando Pena 

Transcrición e subtitulado: Margarita Díaz 

Auxiliar de montaxe: Nacho Ozores 

Empresas de servizo: Matriuska Films, Filmika Galaika 

Duración: 65’

CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO 

Mellor documental 

https://estudoschairegos.gal –  https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal – https://cultura.deputacionlugo.gal https://ciclomestremateo.gal

A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad