
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: DEUSES DE PEDRA, de Iván Castiñeiras Gallego, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta SEXTA proxe cción terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 2 de outubro de 2026, ás 20:00h.
A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es
SINOPSE
Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo a través dos ensinos da súa mestra, nunha das últimas escolas rurais na fronteira entre Galicia e Portugal. Os contos infantís mestúranse coas lendas e historias que aínda habitan o lugar. Entre relato e relato Mariana crece e aos seus dezasete anos confróntase a unha importante decisión, partir da súa aldea, separarse da súa nai para ir estudar ao estranxeiro.
DURACIÓN: 86 min
FICHA TÉCNICA
Dirección e guión: Iván Castiñeiras
Produción: Ángel Santos Touza, Iván Castiñeiras, Pedro Duarte, Emine Seker, André Gil
Axudante de Dirección: Cláudia Pereira Ribeiro
Fotografía: Iván Castiñeiras
Son: Miguel Moraes Cabral
Montaxe: Antonio Trullén Funcia
Reparto: Cinda Freitas, Mariana Freitas Tavares, Ricardo Freitas, Pedro Freitas Tavares, Jaime Freitas Tavares, Manel Freitas Tavares, Umberto Tavares
Produtoras: Amateurfilms, Iván Castiñeiras, Primeria Idade, Promenons-nous dans les bois, Rúa Escura
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
Documental
