MESTRE MATEO’25. 2ª SESIÓN CURTAS: AVETIMOLOGÍA, NOITES DE PRATA, SINAPSE, EU VOU COMIGO E PLATÓNICO, PLATÓNICA. 28/06-20:00H. AUDITORIO

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, e coa financiación da ICAA-Ministerio de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, organiza a 2ª Sesión de CurtaS, coa proxección de 5 CURTAMETRAXES: AVETIMOLOGÍA, NOITES DE PRATA, SINAPSE, EU VOU COMIGO E PLATÓNICO, PLATÓNICA, continuando así coas proxeccións do CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta SEGUNDA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 28 de xuño de 2025, ás 20:00 horas.                                           

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad