CICLO PREMIOS MESTRE MATEO’22 PROXECCIÓN DE “MALENCOLÍA” DE ALFONSO ZARAUZA-AUDITORIO, 15/10/22

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “MALENCOLÍA”, dirixida por Alfonso Zarauza.

A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 15 de outubro de 2022, ás 20:00 horas.

SINOPSE:

Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina. 

CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO

Película Finalista

         FICHA TÉCNICA:
Duración: 95’ 
Produtora: Maruxiña Film Company e TVG Dirección: Alfonso Zarauza 
Dirección de arte: Elia Robles 
Dirección de fotografía: Alberte Branco (AEC) Dirección de produción: Tamara Soto 
Guión: Alfonso Zarauza 
Reparto
: Melania Cruz, Xúlio Abonjo, Iolanda  Muiños, Diego Anido, Ledicia Sola, Ricardo de Barreiro, Marta Lado, X.A. Touriñán, Tito Asorey, Déborah Vukusic 
Maquillaxe e perruquería: Raquel Fidalgo, Patricia Vilela 
Montaxe: Fernando Alfonsín
Son: Javier Pato, David Machado 
Vestiario: Renata Uzal 

 A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NO AUDITORIO O MESMO DÍA DA PROXECCIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad