CINEFÓRUM-PROXECCIÓN DE “O AUTOSTOPISTA”, DE IDA LUPINO. PRESENTACIÓN E COLOQUIO: MARTIN PAWLEY. CASA DA CULTURA DE VILALBA. XOVES 12/06/25-20:00 H.

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o xoves 12 de xuño de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, unha sesión de CINEFÓRUM coa proxección da película “O AUTOSTOPISTA”, de IDA LUPINO, que contará coa presentación e coloquio de MARTIN PAWLEY, programador e crítico cinematográfico. 

IDA LUPINO.-

Actriz dende a adolescencia, figura fundamental en títulos como “High Sierra” de Raoul Walsh ou “On Dangerous Ground” de Nicholas Ray, Ida Lupino converteuse en guionista, produtora e directora dos seus propios proxectos a finais dos anos 40. Foi, neses anos, a única muller que estreou nos Estados Unidos películas de ficción dirixidas por ela, unha listaxe que inclúe obras mestras como “Not Wanted”, “Outrage” ou a máis coñecida, “The Hitch-Hiker”, un clásico do cinema negro que é boa proba do seu inmenso talento. O filme, preservado pola Biblioteca do Congreso dos EEUU, será o centro dunha sesión arredor dunha cineasta imprescindíbel. 

Versión orixinal subtitulada en galego. 

O AUTOSTOPISTA.- 

Dirección: Ida Lupino. Guión: Collier Young e Ida Lupino; adaptación de Robert Joseph. Fotografía: Nicholas Musuraca (B/N). Montaxe: Douglas Stewart. Dirección de arte: Albert S. D’Agostino e Walter E. Keller. Decorados: Darrell Silvera e Harley Miller. Música: Leith Stevens. Produtor asociado: Christian Nyby. Produtor: Collier Young. Distribución: RKO. Elenco: Edmond O’Brien (Roy Collins), Frank Lovejoy (Gilbert Bowen), William Talmen (Emmett Myers), José Torvay (Capitán Alvarado), Sam Hayes (locutor de radio), Jean del Val (Inspector xeral), Clark Howat (Axente do goberno), Natividad Vacío (Jose). País: EE.UU. Duración: 70 min. Data de estrea: 20 de marzo de 1953. Filme incluído en 1998 no National Film Registry, Library of Congress. Dominio  público.

SINOPSE.- Dous amigos norteamericanos viaxan por México buscando descanso e aventura. No camiño, recollen a un autostopista que pronto revela ser un perigoso asasino buscado pola policía. O que comezara como unha escapada tranquila convértese nun pesadelo de medo, tensión e loita pola supervivencia. A paisaxe desértica convértese nun cárcere aberto, onde cada decisión pode custarlles a vida. Dirixida por Ida Lupino, é un clásico do cine negro con atmosfera opresiva e gran intensidade psicolóxica. Foi pioneira ao ser a primeira película deste xénero dirixida por unha muller.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad