CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL. REPRESENTACIÓN DE: “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POLO GRUPO ZOEVIXIÓN. SÁBADO 20/12/25, 20:00H., NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a representación do espectáculo de teatro expresivo ESTAREI ATÉ A FIN, de Zoe Iriarte, a cargo do grupo ZOEVIXIÓN. 
O acto é posible grazas a financiación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da convocatoria do Circuíto de Teatro Profesional 2025.
O evento terá lugar o sábado 20 de decembro de 2025, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.
Estarei até a fin 
Teatro xestual. Público a partir dos 14 anos. 
Duración: 30-45 min. 
Nesta proposta, ZoeVixión toca de forma directa, poética e desgarradora, o tema da guerra. Un personaxe que non ten nada que ver nun conflito bélico, vese envolto nel. A través do seu corpo e de tan só dous obxectos, a actriz trata de transmitir a dor incomprendida que provocan as guerras. 
Autora, actriz e directora: Zoe Iriarte.
Zoe comezou no mundo do teatro en 1980, pero non foi ata o 1986 cando montou a súa primeira compañía de teatro. No 1989 naceron Lohengrín Teatro e as escolas de creatividade teatral, nas que deron os seus primeiros pasos máis de tres ducias de actores e actrices que hoxe traballan profesionalmente. Zoe formouse en teatro social, teatro do oprimido, teatro foro, teatro cego, cabaret, escenografía, teatro expresivo con Jacques Lecoq, clown poético e tamén no estudo de teatro de Augusto Boal. No ano 2023 creou a súa marca profesional ZoeVixión, onde busca dar visibilidade, nas súas catro vertentes (fotografía, iluminación, obradoiros e teatro), aos colectivos máis esquecidos.
ENTRADA DE BALDE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad