CLAUSURA DA EXPOSICIÓN “RETRATOS”, DE PEDRO CABARCOS. CONVERSA: ISABEL PARDO E PEDRO CABARCOS. VENRES 16 DE XANEIRO DE 2026, 20:00 HORAS. SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o vindeiro venres 16 de xaneiro de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de expsoicións do Auditorio Municipalde Vilalba, o acto de clausura da Exposición Retratos, unha colección de cadros pintados polo artista vilalbés Pedro Cabarcos para conmemorar o XXV Aniversario do Iescha.

Durante o acto, a autor, Pedro Cabarcos, e a debuxante e profesora no Taller Besbello, Isabel Pardo, conversarán sobre distintos aspectos relacio-nados co mundo da arte. 

Para poñer o colofón ao acto, os familiares das persoas retratadas (ou as propias persoas, se é o caso) recollerán o seu cadro respectivo, facendo deste xeito á inversa do realizado no acto de inauguración.

Esta exposición conformárona 25 retratos de persoas vencelladas á Terra Chá e, dalgún xeito, tamén ao Iescha. A calidade artística do pintor, Pedro Cabarcos, xunto coa significación das persoas representadas (con sorpresa final, agasallo do autor), motivaron a organización desta exposición conmemorativa do XXV aniversario do Iescha, que pretendeu ser unha homenaxe ao compromiso cultural e á traxectoria compartida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad