COMUNICADO DO IESCHA.-ADIADA A PROXECCIÓN DA PELÍCULA “HONEYMOON” PREVISTA PARA HOXE NO AUDITORIO DENTRO DO CICLO MESTRE MATEO.

Debido á xornada de paro e mobilización en solidariedade co pobo palestino, convocada para este día mércores 15 de outubro, o Iescha, en solidaridade coa mesma decidiu adiar a proxección da película HONEYMOON prevista para hoxe no Auditorio de Municipal de Vilalba.

Consideramos importante sumarnos a esta chamada colectiva pola paz, pola xustiza e polos dereitos humanos, e entendemos que este é un momento para parar, reflexionar e acompañar a quen sofre as consecuencias da violencia e da ocupación.

Á mesma hora que tiña previsto proxectarse a película, está convocada unha mobilización en apoio a Palestina na praza da Constitución de Vilalba.

A nova data da proxección anunciarase proximamente polas nosas canles habituais.

Agradecemos a comprensión e o apoio de todas as persoas espectadoras.

Pola paz e pola dignidade dos pobos!!!

A XUNTA DIRECTIVA DO IESCHA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad