
25 de xullo, Día da Patria Galega.
Unha xornada para reafirmar o orgullo de sermos galegos, de valorar a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa historia e o noso patrimonio. Porque un pobo que coñece as súas raíces é un pobo con futuro.
Desde o IESCHA sumámonos a esta celebración convidando a seguir facendo país cada día, co compromiso de preservar e difundir a nosa identidade.
Feliz Día da Patria Galega!
