CONCERTO DE “A BANDA DA LOBA” EN VILALBA. AUDITORIO MUNICIPAL. VENRES 29 DE AGOSTO DE 2025, ÁS 22:00 HORAS.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o concerto LOVISMO, a cargo do grupo A BANDA DA LOBA. Esta financiado e patrocinado pola ÁREA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO, e conta coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA e de SEISPÉS PRODUCIÓNS

O concerto terá lugar o VENRES 29 DE AGOSTO DE 2025, ÁS 22:00 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, e forma parte das actividades que o IESCHA programou co gallo das FESTAS DE VILALBA do  presente ano.

A BANDA DA LOBA

Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana forman A Banda da Loba. Despois de «Bailando as rúas», «Fábrica de luz», «Hasme oír» e «Xabón Lagarta», en 2025 chega «Lovismo».

O amor non foi nunca un tema especialmente tratado por elas, pero tras esta última etapa na que estivo tan presente nas súas vidas por diversos motivos, decidiron explorar e falar sobre el e as súas múltiples formas e expresións.

Lovismo é unha declaración de amor. Un fío vermello que nos une dende o corazón.
Lovismo é un canto polos amores que son e os que non chegan a ser.
Unha aperta ás amigas que aparecen e ás que permanecen.
Un aloumiño ás lobiñas que nacen no cubil.
Un recoñecernos na man que compartimos para transitar este camiño.
Un espazo no que agroma o desexo, dende a liberdade, o tempo da seducción.
Lovismo é querernos ben. Un bico na meixela cando chove e cando o sol pecha as pálpebras.
Lovismo é o que queremos.

#Lovismo é amor e transformación. E ti, convérteste en Loba?

(Texto recollido en https://seispes.com/musica/a-banda-da-loba)

A ENTRADA É DE BALDE, PERO HABERÁ QUE FACER RESERVA DE LOCALIDADE EN www.entradas.vilalba.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad