
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, o concerto de CARLOS GÓMEZ OSA: “EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”, que contará co acompañamento á guitarra de LOIS CUBA, e a participación de ROSANA DOMÍNGUEZ e o MINICORO DE ESMUVI, dirixidos por BARUK DOMÍNGUEZ.
O acto terá lugar o sábado 28 de de febreiro de 2026, ás 20:30 horas, no mesmo lugar da exposición no Auditorio Municipal de Vilalba.
O concerto de Carlos Gómez Osainscríbese, por unha banda e como xa dixemos, na programación especial que o IESCHA dedica cada ano á figura e á obra de Rosalía de Castro, referente imprescindible da nosa literatura e símbolo da defensa da identidade, da lingua e da dignidade do pobo galego.
Ao mesmo tempo, a iniciativa enlaza coa conmemoración do Día da Muller-8M, convertendo a música nun vehículo de reflexión, recoñecemento e reivindicación do papel das mulleres na cultura e na sociedade. “EN FEMININO”preséntase así como un concerto que celebra o talento, a sensibilidade e a forza das mulleres a través da palabra e da música, reforzando o compromiso co avance na igualdade e coa visibilización das creacións femininas. Deste xeito, preténdese un acto cultural e simbólico que une memoria, arte e compromiso social, no marco dunha programación que pon en valor tanto o legado de Rosalía de Castro como a necesaria reivindicación dos dereitos e da presenza plena das mulleres na vida cultural e pública.
CARLOS GÓMEZ OSA
Profesor vilalbés xubilado.
Un dos fundadores da antiga Agrupación Cultural Lois Peña Novo e do actual Iescha, do que formou parte en varias das súas xuntas directivas.
Sempre lle gustou a música, e nos últimos anos ofreceu varios con-certos, organizados polo Iescha, en datas significativas:
-Cantigas para andar a Terra
-De Lorca e Rosalía
-Homenaxes a Manuel María
E agora este “En Feminino”
