CONCERTO “NA CASA DELES”, DO CUARTETO VOCAL “SON DE CORDA”. CASA DA CULTURA DE VILALBA, SÁBADO 15-06-24, ÁS 20:30, CON RAÚL RODRÍGUEZ (PIANO) E MARÍA PICHÍN (DANZA)

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o sábado 15 de xuño de 2024, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o concerto ‘NA CASA DELES’, a cargo do cuarteto vocal SON DE CORDA.

Neste acto participarán tamén Raúl Rodríguez (piano) e María Pichín (danza).

Entrada libre ata completar aforo.

O cuarteto Son de Corda está formado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo), e ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumentale nesta ocasión interpretarán poemas de autores recoñecidos na nosa terra: Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Manuel María, Luis Pimentel, Alvaro Cunqueiro e Lorenzo Varela.

A realización dos videos correu a cargo de Manuel Lucas.


O proxecto “NA CASA DELES” conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e inclúe tamén a gravación de curtas sobre cada un dos autores, que se proxectarán durante a actuación. 

Este proxecto terá continuidade próximamente con “NA CASA DELAS”, un repertorio de cancións de mulleres poetas luguesas.

Un pensamento en “CONCERTO “NA CASA DELES”, DO CUARTETO VOCAL “SON DE CORDA”. CASA DA CULTURA DE VILALBA, SÁBADO 15-06-24, ÁS 20:30, CON RAÚL RODRÍGUEZ (PIANO) E MARÍA PICHÍN (DANZA)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad