
O Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba quere amosar o seu máis fondo pesar polo pasamento de Manuel Lourenzo, e transmitir as súas condolencias a familiares e achegados.
Manuel Lourenzo: escritor prolífico e premiado, actor, director, conferenciante, dinamizador de diferentes iniciativas culturais… pero, por riba de todo, namorado da lingua e do teatro. O seu traballo deixou unha fonda pegada, facendo que cada función fose tamén unha defensa do noso idioma e da nosa maneira de estar no mundo.
Hoxe, despedímolo coa gratitude de quen sabe que o seu legado seguirá vivo, que cada escena e cada palabra dita en galego levará un pouco de el.
Manuel Lourenzo, que a terra che sexa leve, e as mareas vivas non deixen de traernos o teu legado e o teu recordo.

