
EN LEMBRANZA DE XOSÉ MANUEL BEIRAS
Desde o IESCHA queremos expresar o noso máis sentido pesar polo falecemento de Xosé Manuel Beiras, unha figura imprescindible da cultura e da vida pública galega.
Queremos trasladar as nosas condolencias á súa familia, amizades e a todas as persoas que compartiron con el o compromiso coa nosa terra.
A súa desaparición supón unha grande perda para Galicia, especialmente pola súa extraordinaria dimensión intelectual e pola súa capacidade para analizar, interpretar e explicar a realidade galega desde unha perspectiva crítica e profundamente comprometida.
Beiras foi, por riba de todo, un gran intelectual e un galeguista de fondas conviccións, cunha traxectoria dedicada á defensa da identidade, da cultura, da lingua e dos dereitos de Galicia. O seu pensamento, a súa palabra e o seu compromiso deixan unha fonda pegada na sociedade galega e forman parte xa do patrimonio intelectual e político do país.
O IESCHA, con quen el colaborou en varias ocasións, quere recoñecer e agradecer ese legado, e lembrar a súa figura como exemplo de compromiso, rigor intelectual e defensa incansable de Galicia.
