PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 3 AO 16 DE OUTUBRO DE 2023 (ata as 18:00 h.)
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) foi admitido para participar no Programa “Coñece a túa Provincia’2023”, convocado pola Deputación de Lugo, co seguinte CONTIDO (sempre suxeito a algún cambio):
- A viaxe terá lugar o martes 24 de outubro de 2023, con saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,00 horas.
- Ás 10:00 terá lugar unha visita ao Mazo de Santa Comba.
- A continuación levarase a cabo o Programa da Ruta concedida:
- RUTA 1O (SOBER): Visita a unha adega en Amandi, visita á Rectoral de Gundivós, con demostración de olaría tradicional, visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil.
- Servizos incluídos:A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café ou infusión e as bebidas indicadas o propio día da excursión), entradas aos lugares de visita e seguro de viaxeiros.*Recoméndase a todas as persoas participantes levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada de excursión.
Por todo elo, o Instituto de Estudos Chairegos abre un prazo de inscrición para socios/as do Iescha e para persoas non asociadas, coas seguintes consideracións:
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
- PRAZAS CONCEDIDAS: 23
- PRAZAS QUE SE POÑEN A DISPOSICIÓN DE SOCI@S E NON SOCI@S: 20
- Nº DE PRAZAS RESERVADAS: 3 (PARA A ORGANIZACIÓN)
- PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 3 AO 16 DE OUTUBRO DE 2023 (ata as 18:00 horas)
- MEDIO DE INSCRICIÓN: SOLICITUDE AO CORREO ELECTRÓNICO DO IESCHAestudoschairegos@gmail.com (único medio)
- NÚMERO MÁXIMO DE PERSOAS EN CADA SOLICITUDE: 2
- DATOS OBRIGATORIOS DE CADA PERSOA SOLICITANTE: NOME, APELIDOS, DNI E TELÉFONO (SE HAI ALGÚN MENOR DE IDADE HAI QUE FACELO CONSTAR) (TAMÉN SE PODE FACER CONSTAR ALGUNHA NECESIDADE ESPECIAL -alerxia alimentaria, etc-)
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
- AS 20 PRAZAS SERÁN ADXUDICADAS MEDIANTE SORTEO PÚBLICO ENTRE AS SOLICITUDES PRESENTADAS (sempre que se sobrepase dita cantidade)
- LEVARASE A CABO NO LOCAL DO IESCHA (NA CASA DA CULTURA) O LUNS 16 DE OUTUBRO DE 2023, A PARTIRES DAS 18:15 H.
- TERÁN ABSOLUTA PREFERENCIA NO SORTEO OS SOCIOS E AS SOCIAS DO IESCHA.
- O RESULTADO DO SORTEO SERÁ COMUNICADO A CADA SOLICITANTE MEDIANTE UNHA MENSAXE AO CORREO ELECTRÓNICO USADO NA INSCRICIÓN.