CONFERENCIA-LETRAS GALEGAS’24 “LUISA VILLALTA, A PALABRA PRECISA”, IMPARTIDA POR BEATRIZ MACEDA ABELEIRA. CON PILAR MASEDA E MARISA BARREIRO. VENRES 10 DE MAIO, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA


O venres 10 de maio de 2024 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, co gallo das Letras Galegas 2024organiza a conferencia “LUISA VILLALTA, A PALABRA PRECISA”, que será impartida por BEATRIZ MACEDA ABELEIRA, mestra e escritora. No acto intervirá tamén a poeta vilalbesa PILAR MASEDA, e será presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha.

LUISA VILLALTA.- Escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

“(…) Era unha persoa comprometida e coherente, tiña as ideas moi claras, cando menos con respecto aos temas que a atravesaban. A súa forma de pensar está en todos os seus artigos, no gran libro de poemas que é Papagaio. Eu sempre digo que non sei se haberá unha cidade que teña un libro de poemas tan fermoso como ten A Coruña en concreto, e ademais que a describa dunha forma tan sensíbel. Foi un libro que eu lin no seu momento na casa e que volvín relelo percorrendo a cidade por etapas, que creo que é un xeito moi fermoso de lelo. Foi unha innovadora absoluta no teatro e defendía sempre a Galiza por enriba de Galicia. Por iso escollemos todas esas palabras para contar a súa historia (…)  É unha adiantada ao seu tempo: ela xa falaba de Palestina e só hai que ver como estamos nestes momentos. Era unha persoa cunha cultura inmensa e ademais no que respecta a áreas moi diversas: historia, filosofía, ciencia, música… A mágoa foi que morrera tan nova, porque todo o que podería ter aportado sería incríbel.

Ademais, sempre estaba no lugar preciso. Creo que Luísa é unha autora por descubrir para moitísimas persoas. A propia Laura dicíao nunha das presentacións: “Luísa non viña en ningún libro de texto cando eu estudei”, e ten 29 anos. Hai que ler o seu teatro, que non se levou o suficiente aos escenarios; hai que ler a súa poesía, ensaios e artigos.” (Extracto da entrevista a BEATRIZ MACEDA ABELEIRA publicada en  o 20/01/2024, realizada por Laura Veiga)

Beatriz Maceda Abeleira, naceu na Coruña en 1963. Aos cinco anos vai vivir a Vilalba. Estuda na Escola Universitaria de Maxisterio, Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realiza estudos de Posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. No ano 1995 casa e volve vivir na Coruña. Leva exercendo o ensino desde hai 15 anos, e tamén imparte cursos e realiza traballos sobre Ensino Global.

En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

OBRA EN GALEGO

Literatura infanto-xuvenil

Man. O alemán de Camelle (2012). Galebook.

O álbum de Garrincha (2015). Galaxia. 

Lúa en Ningures (2019). Xerais. Ilustracións de Laura Veleiro. 

Man (2020). Con Laura Veleiro. Medulia. 

Ardora (2019). Urco Editora. Ilustracóns de Laura Veleiro. 

As Sentinelas do Silencio (2022). Xerais. 

Obras colectivas

Relatos da Ulloa (2019), Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.

Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021). Alvarellos Editora.

O libro da música (2021). Galaxia.

Luísa Villalta. Alma de violino (2023). Vigo: Xerais. Con Eli Ríos e ilustracións de Laura Sánchez. 

Narrativa

Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán (2017). Trifolium. 

PREMIOS

II Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil (2019) co traballo titulado Ardora.

Gañadora na XVII edición do Premio Frei Martín Sarmiento (2021) coa obra Ardora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad